O BNG foi o promotor da Lei de Caixas, que foi apoiada unicamente polo PP. O Goberno Central do PSOE recorre a Lei no Tribunal Constitucional. O BNG impulsa o manifesto Galiza ten Dereito! Para facer fronte a esta nova aldraxe de Madrid e defender non só o noso sector financeiro, senón a soberanía do Parlamento Galego. E onte o BNG saca adiante unha moción no Congreso dos Deputados que lle pide ao Goberno Central a retirada do recurso no Constitucional. Obxectivamente está claro quen é o protagonista na defensa do sector financeiro galego e das caixas galegas, verdade? Pois se analizamos as portadas de hoxe dos principais medios de comunicación galego, a cousa non está nada clara. O único claro e unánime é que todos os medios ocultan ou minimizan o papel central do BNG en toda esta cuestión, facendo verdadeiros esforzos e alardes literarios para evitar que o nacionalismo apareza como o protagonista da historia. Por que será?
Xa o di Francisco Rodríguez nun artigo no Terra e Tempo “Sen avance do nacionalismo, Galiza non poderá deixar de ser o que hoxe é. Sen nacionalismo, as clases populares galegas non son máis que individuos deitados a súa sorte na rolda dun destino incerto.“ Pois iso mesmo é o que pretenden os medios e a clase política dominante, mais eles non saben que as cousas caen polo seu propio peso.
Igual ca na Lei de gravitación universal, a clave está no valor da constante G, neste caso de Galiza.
GústameGústame