E agora que?

Hoxe absolveron aos directivos do xornal Egunkaria, acusados de pertencer a ETA. O xornal, o único escrito integramente en euskera, xa non está, pechouno o xuíz Del Olmo hai 7 anos.

Non é o único caso: en 1998 o xuíz Garzón pecha Egin, acusado de formar parte do entramado financeiro de ETA; meses máis tarde, nunha instrución do caso cheo de irregularidades, o xuíz Garzón levanta o peche, pero a editorial cae en bancarrota. O mal xa estaba feito.

A xustiza no Estado Español actúa a capricho dos dous grandes partidos. Neste contexto é habitual, por desgraza, o xurdimento de xuíces mediáticos, xuíces estrela, super-xuíces, que fan interpretacións das leis en función do número de titulares que poidan acadar nos medios de comunicación para agradar ao poder político, que trasladan a un dos piares básicos do estado de dereito, o da xustiza, a súa particular loita polo poder. E neste contexto se explica a probábel inhabilitación de Garzón, nunha das poucas cousas boas que fixo, que é o de levar perante a xustiza aos altos cargos do Franquismo. Pero algo está podre no ordenamento xurídico do Estado cando case 40 despois da morte de Franco isto segue a ser unha cuestión pendente.

E agora que? Pois agora nada. Obxectivo cumprido, o xornal está pechado, un paso máis na demolición controlada do Movemento de Liberación Vasco de Euskadi.

Déixovos cun vídeo que atopei dunha rolda de prensa da plataforma 18/98+, que coido moi acaído para o momento. Refírense ao caso concreto que trata de vincular as actividades de empresas e diversas organizacións políticas e sociais abertzales de Euskadi con ETA, pero coido que se pode estrapolar ao caso Egunkaria.

15 thoughts on “E agora que?

  1. Que si, que está moi ben que te solidarices (creo, por certo, que pos mal o nome: é Movemento Vasco de Liberación). Mais tamén estaría ben que algún día puxeses un post contra os asasinatos e extorsións de ETA. Por certo outra vez, ETA é Movemento Vasco de Liberación?

    Gústame

  2. Ola Hermida, coma sempre , tentado “confundir” os temas, trátase do que lle fixeron ao diario EGUNKARIA, e como dí Imeneo, ¿ E agora qué ?, pois ben , agora, olla ben o que din hoxe ,os partidos españóis con base ( neste caso ) en Euskal-Herría,Por su parte, el PSE también se ha felicitado por la sentencia absolutoria y ha asegurado que la resolución “avala lo que los socialistas pensábamos” y demuestra que “la Justicia en España funciona”. Para su portavoz, José Antonio Pastor, el fallo “cierra un episodio que nunca debiera haberse producido”.Desde el PP, Leopoldo Barreda ha mostrado su “respeto” al fallo judicial y ha destacado que hay un Estado “garantista” y que, por tanto, la resolución debe ser “plenamente respetada, como lo han sido todas las anteriores. Que nadie intente ahora hacer lecturas torticeras de este fallo”, ha señalado.Barreda también ha querido subrayar que esta sentencia “constata una vez más la trayectoria errática de la Fiscalía en este tema”.E a esquerda abertzale , comenta ístoLa izquierda abertzale ha expresado su “alegría” por el fallo aunque considera que “no hace justicia” ni con el periódico clausurado, ni con sus trabajadores ni con los ciudadanos vascos.Además, cree que es una “burla” que se diga que la Justicia “funciona” y ha recordado los cierres de “Egin”, Egin Irratia y las denuncias de torturas que presentaron los cinco juzgados, por las que “nadie va a pagar”.E os “nazionalistas-españóis” din , ísto (que un dos integrantes é Aznar)La AVT y Dignidad y Justicia estudian recurrirLos presidentes de Dignidad y Justicia, Daniel Portero, y de la AVT, José Antonio García Casquero, han declarado a Europa Press que están estudiando la posibilidad de recurrir la sentencia.Han valorado que el fallo supone “un duro golpe a la lucha contra el terrorismo y han insistido “de forma tajante” en que el diario en euskara “formaba parte del entramado mediático de ETA”.E agora vou co remate, sobor o MLNE, mira Hermida,a verdade é tes gañas de enlear as cousas cando non téñen por que , nen son como ti queres facer ver, e comezo , Frente Farabundo Martí de Liberación Nacional , do SalvadorFrente Sandinista de Liberación Nacional , de NicaraguaEtc,etc,etc,E na Galiza , pois na Galiza , O Consello de Forzas Políticas Galegas foi unha plataforma política creada en xaneiro de 1976., Foi creada por iniciativa da Unión do Povo Galego e integrada ademais polo Partido Socialista Galego ( non o PS de G, que naquel entón, estaban desaparecidos ) , e o Partido Galego Social Demócrata, posteriormente uníronse o Movemento Comunista de Galicia E ísto é o que hai, Hermida , e , non “aterroríces á veciñanza , que xa non “cola” meu , espero que non me apliquen a “lei antiterroríta ,ou me metan nunha cela, por explicar ísto , boa noite , e respetémos a Liberdade de expresiónmarusía

    Gústame

  3. Aí vai outra nova recén collida do mar , Las asociaciones de jueces JpD (Jueces para la Democracia) y APM (Asociación Profesional de la Magistratura) aseguraron que esta sentencia era previsible. Ambas calificaron, además, de grave y poco justificado el cierre del diario, algo que también manifestó la Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE). Desde la FAPE quisieron dejar claro que los medios no delinquen y que el cierre de Egunkaria ha causado “daños irreversibles” a la libertad de información.marusía

    Gústame

  4. Non tedes o valor de dicir o que pensades, escaqueades a resposta, rapaces. A pregunta era moi clara, ides tes o que hai que ter para constestala?(Marusía, ti, coma sempre, nas verzas)

    Gústame

  5. Non é cuestión de por enrriba da mesa o nivel de testosterona de cada quen; se queres dá a túa opinión e logo xa cada quen comentará o que teña comentar, se quere, claro. Tes a mala costume de facer todas as preguntas e non dar ningunha resposta.E outra cousas Hermida, Marusía anda máis atinado que ti!Saúdos.

    Gústame

  6. Bo día ,a ver Hermida,eu, nunca tiven que me agochar de nada , nen de ninguén,2º- até o día de hoxe, sempre dixen o que pensaba e penso (no franquismo, tamén), son nacionalista por suposto , GALEGO, arrestáronme na “mili”, por non querer facer “disparar un fusil”, nas prácticas de tiro, queres que siga, Hermida, ¿ e tí, quen és ? , ¿ de quen ves sendo ?, un TROLL-eiro ?, ¿ do Psoe ou do PP ?3º- Eiquí o único que se está a escaquear es tí , que polo momento, es tí o agochado, e……4º- Mira, se queres sber máis do tema , MLNV, direiche que está colgado en toda a prensa, pero se queres entra neste apartado, GARA – MLNV, que comeza asíMLNVJuan Bengoetxea – Médico GARA > Idatzia > Gaurkoa – 2008 Martxoaren 15bo día , e por certo Hermida, estou até as canillas, de que me “Demonicen” , “Criminalicen” , etc,etc,etc, só por pensar ou dicer , que , eu , non son español, ou, máis sinxelo ainda, son GA-LE-GO , ¿ ou non o podo ser ?, ¿ está proibido ainda, dicir o que penso ?, por certo, que saibas, que aló polo remate dos anos 70, tamén quixero pechar un semanario galego, o encarregado da “censura? , Manuel Fraga Iribarne, nome do semanario, A NOSA TERRA , abur, e unha aperta marusía

    Gústame

  7. Pois, a meu ver: Marusia – corretíssimo. Hermida – é mágoa. Você demanda mais uma vez que Imeneo faça uma condena da ETA num artigo sobre Egunkaria e a sentença do TOP (AN). Pois, dá a sensação de que há algum interesse em vincular ETA e Egunkaria – cousa que até o TOP disse impossível.

    Gústame

  8. Imos ver. Marusía, deixa de facerte o mártir, home, que ninguén te criminaliza. O que eu digo é que nunca vin que Imeneo lle dedicase un post ás vítimas da violencia etarra (se o ten feito, retractome). E ocasións ten habido de abondo. Claro que é grave que se pechara un xornal, pero moito máis grave é que sega habendo mortos indefensos e chantaxes. O día que se condene isto, teredes credibilidade para condenar o outro. Percebes, Óscar de Lis?

    Gústame

  9. Abraiado me tes, Hermida, Marusía, deixa de facerte o mártir, home, que ninguén te criminaliza. 1º – Se o que pretendes,(Hermida ) é saber algo, atopar non sei que cousa, vas ddo, por nada se agocha (e o digo por min)2º- Eu non che entendo de mártires, e nunca actuei como tal, e de feito, eu , ainda estou , vivo, os mártires, nacen despóis de mortos.3º – Cando digo que estou farto de que me “criminalicen” , “demonicen”, e que estou a deci-la verdade, non consinto que me chamen “terrorista” , cando a realidade é, a que plasmei no meu comentario, “arrestáronme , por negarme a DISPARAR un fusil en prácticas de tiro”, ¿ e que ainda non comprendiches, ou ?,por iso, que, xente coma tí, estádes á espera de que eu diga que son de ETA, !! pois non !!, !! son do BNG !!, e son dono do que eu, pense e diga , dentro dunha orde.4º – E agora que queres, que me arrepinta de algo que ÉU non cometín ?, que estás zumbado ou qué ? , e mira unha cousa, mortos indefensos, e chantaxes, e que acaso estás culpando a Imeneo ou a min, ou aos que pensen como nós do que aconteza en Euskal-Herria ?, pero tí de que vas ? , quen és ?, un troleiro da Garda civil ou que ?, vai pedir responsabilidades a quen lle correspondan, e de paso, pide responsabilidades polos mortos da GUERRA DE IRAK, IRÁN etc,etc,etc,e mandas encarcerar aos TRES DAS A-ZO-RES, ¿ comprendes, Hermida ?, e de paso, tamén, denuncia aos Fascio-israelitas, que xa abonda de OCUPAR unhas terras que non son déles,e ainda por riba, enfróntanse con tanques, a homes que, as únicas armas que teñen son UNS TIRACHINAS.5º – E remato, lembrándote que ísto, é GALIZA , polo tanto trabucáches de País e de problema Social e Político , e por favor, “non busques mortos en nichos valéiros” , busca os mortos nas gabias , e que outros AINDA NON CONDENARON , boa noite , e vai meter o nariz noutro burato, que íste, non é, por certo, eu nunca serei de ETA por que tí me obrigues ¿ dacordo ?marusía

    Gústame

  10. E por certo , Hermida , íste Blog, que eu saiba , é de Imeneo, e se non che gosta, montate un, e así , nós, tamén terémos tempo de te amolar, ¿ vale ?, cando así sexa, avisa, e deixa a dirección do ” teu ” Blog , bo díamarusía

    Gústame

  11. Non vexo que fales das vítimas do terrorismo. Pero, en fin, algo é algo. Fíxate nunha cousa, Imeneo: mentres oficialmente o BNG se adhire ás condenas oficiais sen ningún matiz, moitos militantes andades con matices e ambiguidades, e sempre con sospeitas como a túa, insinuando que é son os servizos secretos do Estado quen están detrás. Deste xeito, o BNG nunca vai ser críbel para amplas capas da poboación. Non se pode nadar e gardar a roupa, meu.Marusía, repítocho: deixa de facerte o mártir, home. Aquí ninguén te criminalizou nin culpou de nada. Tampouco a Imeneo, faltaría máis. Así que menos lerias, Marusía, a ver se les ben. Pesadiño que te pos.

    Gústame

  12. Vale Hermida, e agora que pasa ? , ¿ déboche a vida ou que ? , mira compañeiro ( e deixa ben craro a ligazón de Imeneo), ETA , ainda VIVE , grazas ao PP-PSOE , ou é que non te decatas, o que pasa en Euskal-Herría ? , precisamente….NON PASA NA-DA , ¿ e quen está a gobernar en Euskal-Herría , agora mesmo ?, POIS o PSOE – PP , por que xa conseguiron o que andaban na percura, meu, e ti, estásme dar a entender que, na Galiza, hai que inventarse o “terrorismo” a toda costa, como sexa, por que o nacionalismo, o noso, o Galego, o do BNG ( neste caso) , ao “centralismo “ , é dicir ao “imperialismo español” , ou monarquía con apoio dos “partidos , maioritários”, digo , que o BNG, lles está a molestar , abesullar, amolar, incomodar, estorbar, etc, etc, en dúas verbas , o imperio español , non consinte que haxa “unha voz” (ou varias), que RECLAME OS DEREITOS DA NOSA TERRA GALEGA , como noutrahora, foron os Mártires de Carral, ou Castelao, Alexándre Bóveda, e outros tantos e tantos, que o “Centralismo”, matóunos , asasinóunos, precisamente por defender “os deréitos da nosa terra”, e agora resulta que TI , quéresme acusar de algo ao que eu non pretenzo, e remato, mira unha cousa, ( é a miña opinión, e que sempra a levo conmigo), os feitos acaecidos no “ 23 – F “, xa estaba argallado, para instaurar “ A MONARQUÍA “ franquista, ¿ vale Hermida ?, boa tardeP D – Non teño lizentaturas , pero séi ler o que ti queres decir , e que eu, non comparto, marusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s