Quen reside decide. Para min está claro, eses son é o límite do voto en cada proceso electoral. Non pode ser que persoas que levan 50 anos fóra de Galiza, ou os seus descendentes que nunca a pisaron nin para vir de vacacións, decidan o noso futuro, chegando mesmo a condicionar o goberno galego e tamén os municipais.
Hai unhas semanas PP e PSOE, contando cos apoios de BNG, CiUe PNV, pretendían modificar a lexislación electoral no sentido de que os emigrantes só puideran votar nas eleccións xerais e en urna. Mais dun tempo a esta parte, o PSOE mudou aquel pre-acordo que había e agora queren levar o voto tamén ás eleccións autonómicas.
Está claro que o que move ao PSOE non é o interese polo benestar do emigrante, non!, o interese que ten é o rendemento que saca do voto dos emigrantes, que o levan a ser o partido máis beneficiado do voto emigrante. Sen ir máis lonxe, nas pasadas eleccións galegas, supúxolle un escano máis en detrimento do PP.
Quen reside decide!.