Maraña global

O gráfico que ollades publicouno hai uns días o New York Times e amosa as débedas que contraeron entre si varios dos países máis endebedados da Unión Europea. Como vedes a maraña é incríbel

A ver… non é que Zapatero prestara a Irlanda ou Portugal varios miles de millóns de euros do Tesouro Español; Non!! isto non vai así. Este gráfico reflicte os miles de millóns de euros que deben eses estados ao sector financeiro deses ou doutros países europeos. De aí que que como dixen onte, a Unión Europea non está salvando a Grecia tirándolle un salvavidas de 110.000 millóns de euros, non!, están salvando ao sector financeiro do Reino Unido, Francia e Alemaña, que son, á súa vez, os principais tenedores de débeda do estado español, o cal explica, en parte, por que son os países que máis se benefician na negociacións da Unión Europea.

Algún incauto pensa que se pode devolver unha débeda de 1.400.000 millons de dólares?, por citar o caso Italino e non centrarme en exclusiva no español. Coido que non!

Isto é o que deu de si a economía globalizada: a especulación a escala planetaria. Grecia é o primeiro naipe en caer do castelo, detrás irá o resto, e arrastrados por eles os dereitos dos traballadores e traballadores e todos os servizos públicos de protección social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.