Isto arranxámolo sen PSOE e PP

O encontro entre Zapatero e Rajoy que mantiveron onte na Moncloa abre unha serie nubarróns sobre as competencias das comunidades autónomas en materia financeira. Tanto o PP como o PSOE queren reducir a representación política de concellos e autonomías nos consellos de administración das caixas, e incrementar paralelamente a privatización caixas a través das cotas de participación de que non poderán superar o 50%. É dicir, que serán os bancos e todas aquelas persoas e institucións que controlan o sector financeiro no Estado Español os que se repartirían a torta multimillonaria das caixas de aforro. En resumidas contas, e se esta reforma se leva a cabo nos termos anunciados, o PSOE e o PP porán os beneficios das caixas en mans privadas, no canto de investilas no sector produtivo e en obra social, que é até o de agora a obriga das Caixas.

O obxectivo é eliminar dunha vez por todas todo rastro público do sector financeiro e baleirar de competencias as comunicades autónomas, único xeito de alcanzar ese ideal mesetario dunha España “una, grande y libre”. Evidentemente non o din coa boca grande, fano coa boca pequena, dando pasos cara ese obxectivo, que non é outro que eliminar as autonomías. Os que si falan alto e claro son os da campaña “estosololoarreglamossinlasautonomias.org”, que culpan de crise ás comunidades autónomas e o xeito de arranxala é liquidando estas.

11 thoughts on “Isto arranxámolo sen PSOE e PP

  1. Que curioso o destes, “estosololoarreglamossinlasautonomias.org ,polo que acabo de ollar, pintan como , da dereita mais rancia, ou sexa, do PP, ímos ver, o centralismo, é dicer, Madrí, cobra TÓDO-LOS IMPOSTOS de TODA-LAS Autonomías e tamén das tres nacións, (poñamos GALEUZCAT ), e resulta que ó final, Madrí queda co 50% ou máis ,e resulata que ístes licenciados en teorías ” nazis “, din, que nós , quedámos cós cartos, manda carallo, pois non me deixan outra “alternativa ” que facerlles unha pregunta , por favor srs. desta trama-nazi-escura, poderíanme dicir , ¿ que produce Madrí, aparte dos desempregados ?, craro que igual, até contestan , qu “lindan as vacas arredor do Escorial, ou mesmo, que andan á pesca no rio Manzanáres, ou mesmo, que teñen Fábricas de Salgazón, ó carón do Parque do retiro, que carotas, ainda por riba de MEXAR POR NÓS , TAMÉN QUEREN QUE LLE PAGUEMOS O PARASOL ( auga neste caso ), e ollo, porque ísto ás veces, dá arrepio, saúde e unha aperta marusía

    Gústame

  2. A ver se nos aclaramos, meu, que cada un di unha cousa distinta.CAIXASO BNG felicítase de que co Banco de España se avanzase cara a fusión “equilibrada e paritaria”Pero non era antes o Banco de España o ariete da bicha españolista-imperialista que quería impedir a fusión e bla-bla-bla?O voso discurso paronoico-acrítico fica en evidencia día si e día tamén.

    Gústame

  3. Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado polo Banco deEspaña e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas deaforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de caráctersocial se transformen en entidades financeiras privadas.Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O Parlamento galegoadoptou por unanimidade o acordo de establecer como prioridade o mantemento dagaleguidade das caixas, a súa solvencia, e a necesidade de tramitar por urxencia areforma da Lei galega de Caixas. O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unhareforma da Lei de Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máistransparente, reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financeiropropio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades sexanefectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva do País.A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non podeser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei deCaixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, oque pode colocalas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financeiro propio,perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico.Conscientes da gravedade da situación, manifestamos:1. Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País,regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, por tanto,preservar a Lei de Caixas de Galiza.2. Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego. Que nonnos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidadeda lei galega, si non se fixo coaa basca, a catalá ou a andaluza. Por que se recurrea nosa e non a deses outros territorios? O Goberno central debe reconsiderar oasunto e aceptar que as institucións galegas de autogoberno, dentro do marcocompetencial vixente, teñen capacidade para dotarnos do marco xurídico que seconsidere máis acaido para defender os intereses de todas as galegas e galegos,como ordena o Estatuto de Autonomía de Galiza.3. Galiza ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O goberno centraltamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as decalquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusión dentro do país,cando se cumpren as mesmas condicións. Galiza ten dereito a preservar e garantira galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión paritaria, da quexurda unha Caixa solvente como mellor garantia para os seus traballadores, osimpositores e todas e todos os galegos.Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dosgalegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar odesenvolvimento doutros territorios.Galiza debe defender o seu. Ten dereito.marusía

    Gústame

  4. Esa declaración xa quedou vella, Marusía. As afirmacións que eu puxen son máis recentes e da autoría de Fernado Blanco, o voso malfadado ex conselleiro. Como se casa dicir nesa declaración que “impulsado polo Banco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas deaforro”, coas afirmacións de agora nas que “O BNG felicítase de que co Banco de España se avanzase cara a fusión “equilibrada e paritaria”? Onde antes dixen negro, agora digo branco!Me lo expliquen, por favor.

    Gústame

  5. Blanco saúda os avances cara á fusión pero advirte da “bancarización” que pactaron Zapatero e RajoySantiago de Compostela, 6 Maio 10.- O Portavoz de Economía do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco, amosou a súa confianza en que a fusión, logo dos pasos dados onte na reunión co Banco de España, sexa axiña unha realidade mais advertiu das “sombras” e “nubarróns” sobre o futuro destas entidades, toda vez que PSOE e PP acordaron iniciar o seu proceso de bancarización vía o recoñecemento dos dereitos políticos das cotas participativas. Blanco advertiu de que calquera modificación que se pretenda introducir neste sentido non vai contar co apoio do BNG nin co da maioría dos galegos, que se sinten partícipes das Caixas galegas e por iso nestes momentos, nas actuais condicións, teñen os seus aforros nas mesmas.O deputado nacionalista anunciou, de feito, que este grupo parlamentar vai rexistrar diferentes iniciativas en contra de calquera proceso de bancarización das Caixas, convencidos de que teñen que seguir funcionando como o viñan facendo, é dicir, garantido a súa vinculación co territorio e a obra social.Para Blanco, o acordo acadado onte entre Zapatero e Rajoy para a reforma da Lei estatal implica iniciar un camiño “certamente perigoso”, vai en sentido contrario á “razón de ser” das Caixas, de aí que considere que ten que haber un posicionamente claro na súa contra, que debería saír adiante toda vez que a Lei galega contou co respaldo maioritario da Cámara e esta lei “non promove precisamente o proceso de bancarización”.Sobre os avances producidos de cara á fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova, o portavoz de Economía do BNG explicou que día a día se vai confirmando que o BNG tiña razón, “atinou dende o principio o camiño que había que seguir e foi sempre coherente”.Neste sentido, lembrou que o BNG sempre dixo que non había un problema económico senón político nas reticencias á fusión, e o Banco de España confirmouno. “Non dicían a verdade os que sostiñan que a fusión non era viabel”.Asemade, salientou que se acordara un consello paritario, como tamén pediu sempre o BNG, porque a Caixa resultante ten que ser a Caixa de todo o territorio galego, reiterou.

    Gústame

  6. Di Blanco (Fernando): as caixas “teñen que seguir funcionando como o viñan facendo”.Como? Seguir funcionando como o viñan facendo? Pero non se pedía un cambio profundo na súa forma de actuar? Agora xa vale que se dediquen á exconomía especulativa, que é “como o viñan facendo”? E para esta viaxe facían falta tantas alforxas?Están locos estos romanos!

    Gústame

  7. as caixas “teñen que seguir funcionando como o viñan facendo”.Evidentemente , funcionando na Galiza, pero tí o que estás a falar , ¿ é de Gayoso e Méndez ?, ísas son outras lerias, precisamente , e hai que lle lembrar a ístes dous…mafiosos, que cós nosos cartos non se xogan, os cartos, son nosos, e contra ísta manipulación monetaria, tériamos que SACAR tódolos nosos cartos, e fundar ou como lle chamen, unha CAIXA GALEGA, ¿ non temos os mellores Economistas, na Galiza ?, pois veña, adiante, e pasemos de Zipi-Zape e outros que se agóchan tras déles, queremos UNHA CAIXA GA-LE-GA, entón xa verías como non se rían de nós, boa noite, e re-pi-to , CÓS NOSOS CARTOS NON SE XOGAmarusía

    Gústame

  8. Grazas polo cumprido, Hermida, pero teño que lembrar unha cousa, eu, nunca dixen que foxe Economista ,ou estudase Económicas , ( non che collín íses tempos), pero estou moi ledo, despóis de escoitar a Príncipe ( o de Vigo), agora espero a 3ª Parte , boa tarde marusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s