Epílogo

A tecnoloxía actual é quen de perforar un pozo de petróleo a miles de metros de profundidade, pero calquera mínimo problema convértese nunha catástrofe de difícil solución. Isto é o que está ocorrendo co pozo de petróleo que a transnacional BP tiña no Golfo de México, que estourou e se afundiu o 20 de abril, segando a vida dunha 11 persoas que traballaban na plataforma. Este accidente, ademais dos custes humanos, irreparábeis, tamén está a ter gravísimas consecuencias medio ambientais, xa que desde aquel día millóns de litros de petróleo vérquense sen control ás augas do Golfo, e ameaza con convertelo nunha auténtica cloaca, cuxas consecuencias deixarán de ser locais para converterse en planetarias, xa que os intentos para tapar o burato polo que sae o hidrocarburo resultaron ser todos infrutuosos.

As hipotecas subprime tamén foron un invento local que por arte da enxeñería financeira propagáronse letalmente e sen control polo mundo adiante, xerando unha crise económica que ameza o benestar de millóns de persoas. O líquido que foi o motor do capitalismo, cuxa combustión é a culpábel do quencemento global, ameza tamén con expandirse por espazos vitais do noso planeta, cuxas consecuencias non tardaremos en apreciar. A tecnoloxía ao servizo dos beneficios económicos, non das persoas.

Efectivamente, esta non é unha crise económica calquera, estamos a escribir o epílogo do capitalismo.

4 opiniones sobre “Epílogo

  1. A mín, lémbrame aquela frase de , , !! contrás !!, agora comprendo porqué tódolos “hilitos”, conducen ao Capitalísmo, agora comprendo tamén, por qué cada día que pasa, hai menos peixe no mar,e máis mariñéiros nos peiráos, en definitiva, as imaxes meten medo e da arrepío mirar pra élas, eu mandaba aos ¿ donos ? das petroléiras a mergullar no Océano, pra pecháren as válvulas que perden “los hilitos”, boa noite e , Negra Sombra……..marusía

    Gústame

  2. As antanas chamadas ecomomías socialistas (en realidade, ditaduras comunistas de partido único de ineficiente xestión económica) tamén consumían petróleo. E o refugallo que destas quedan tamén.Eran e son o modelo da UPG, dito sexa de paso.

    Gústame

  3. Uns , consumen, e outros fan negocio, Busch pai e fillo, asi coma, a Con-dolencia Arroz, (perdón) Rice, lembro aquela frase de , en fin, que ben se ía no Carro de cabalos , boa noitemarusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.