Perdidos

Perdidos (Lost) é a serie de moda, aínda que eu, teño que recoñecer, que non vin nin un triste episodio, e polo tanto non sei de que vai. Pero aproveito o título “Perdidos” para reflectir cal é o estado actual do Goberno Central e do PSOE.

Este partido político, que se di de esquerdas, ven de aprobar en solitario un axuste económico anti-social, e nas antípodas do que aprobaría un partido que presume ser desta tendencia ideolóxica. Redución e conxelación de soldos aos funcionarios, conxelación de pensións, conxelación dos investimentos, eliminación do “cheque bebé” e da dedución por nacemento no IRPF,… etc, estas son as receitas do PSOE para salvar a crise ditadas polo FMI, a UE e Obama. Unhas receitas que non sandarán a economía do estado español, todo o contrario, entrará en barrena, e non hai que ser moi listo para ver que nos próximos meses se incrementará o paro notabelmente, e veremos se non chegamos aos 5.000.000 de parados.

O PSOE está “perdido”. Perdidos non só polos bandazos que dan -un día sacan unha medida e ás poucas horas rectifican-, senón porque están encadeados ás directrices dunha Unión Europea, que, agora si, se ve que é letal para os intereses do Estado Español. Sinceramente, só nos queda unha saída: botar fóra do euro, e non o digo eu, o di Paul Krugman, Premio Nóbel de Economía.

2 opiniones sobre “Perdidos

  1. Eu sempre tiven o mesmo ponto de vista, falando do €uro , 1 moeda de cen pesetas = Cen pesetas.1 moeda de 1 €uro = 167 ptas. Antes da entrada do €uro, 1 quilo de patacas, 30-40 ptas. Coa entrada do €uro, 1 quilo de patacas, 1 €uro = 167 ptas. , pois aí está o resultado,CATRO veces máisAntes coas pesetas, mercabas 10 productos diferentes, prezo da mercadoria en resumo = 4.000 ptas.Mesmos productos, hoxendía , 40 €uros, é dicer, case 7.000 ptas. unha aperta marusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.