A cara e a cruz

Mentres Alberto Núñez Feijoo repartía a esgalla as medallas Castelao, o BNG reclamaba a apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres, onde están enterrados os restos de Rosalía de Castro e Castelao.

Recordemos que este espazo, que até hai uns días era de acceso público, pechouno a igrexa católica logo de gañar un contencioso, encerrando entre catro paredes aos máis senlleiros dos nosos patriotas galegos.

As administracións públicas galegas teñen responsabilidade e teñen a obriga de recuperar este espazo para todos os galegos. Dá igual as medallas Castelao que reparta o PP mentres que o que leva o seu nome estea encerrado entre catro paredes.

Unha opinión sobre “A cara e a cruz

  1. Fai anos que desenvolvo a teoría de que é preciso nacionalizar todos os bens históricos da igrexa católica…Non é unaha arroutada anticlerical, é un razoamento histórico-xurídico que demostra a natureza de bens públicos os bens acumulados pola igrexa denantes de que existira unha separación igrexa-estado…A cousa ven de fai uns 14 anos, cando eu era concelleiro nunha vila e o goberno quiso facer un local social nunha parroquia e un polideportivo noutra, para elo quiso utilizar unhas propiedades da igrexa que ao final tivo que adquirir ao arzobispado…O meu razoamento, que levei a pleno pero non foi aprobado, era que o Concello tiña que facerse con aqueles bens rexistrados a nome da igrexa por ser o arzobispado usurpador de bens que en realidade eran públicos, xa que perteñecían ao patrimonio de dúas parroquias, (un era a antiga rectoral que converteuse en centro social, e outro era parte da agra do igresario), que se foi conformando ao longo dos séculos con aportacións voluntarias, (doazóns herdanzas de persoas sin fillos), ou forzosas, (diezmos, primicias e indulxencias), nunha éroca en que a parroquia era a única institución de caracter “público” e administrativo que funcionaba no mundo rural, (e tamén no urbano)…Isto foi así dado que a igrexa mediante os rexistros parroquiais levaba os censos e rexistros de poboación, durante séculos atendeu o xérmolo do que logo sería a beneficencia, as esmolas aos pobres, a alimentación da poboación en épocas de fame, o primeiro (e xeralmente único), ensino, maitas obras públicas, etc…Logo, e ate o final do Franquismo, a igrexa nas parroquias actuou como administración pública, e, cando chegou o troco de réxime, os obispados rexistraron todos os bens que poideron o que estaban administrados polos cregos, nunha rapiña semellante a como fixeron moitos dirixentes e cargos medios dos países do Este cando a caída do comunismo…Ises bens realmente non son da igrexa, son das parroquias como entidades civís, contempladas no Estatuto de Galicia e nunca desenvolvidas por ningún goberno “autoanémico”, (nin siquera cando participamos nos ofuscados coa modernidade pijoprogre das areas urbanas)…O caso é que eu defendía que o concello buscara o xeito de iniciar un preito pola titularidade en tanto en canto non se constituisen formalmente as respectivas parroquias civís…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s