Inmobilismo

O pobo catalán, representando no Parlament, aprobou unha reforma do Estatut. Este, á súa vez, aprobouse nas Congreso do Deputados. E por se fora pouco, o pobo catalán refrendou favorabelmente nas urnas o texto estatutario. E despois de todo este proceso que se cumpriu escrupulosamente, o Tribunal Constitucional, catro anos despois de presentar recurso o PP, rebaixa notabelmente o aprobado nas urnas por todos os cataláns.

O que máis chama a atención neste situación non é a rebaixa do Tribunal Constitucional, é o inmobilismo dos poderes do Estado, que viven ancorados nunha constitución que ten 32 anos, cando a situación do Estado Español é moi distinta a de 1978. Por citar algún exemplo, na Constitución dise que o Estado ten competencia exclusiva en “divisas, cambio e convertibilidade“, cando hoxe todos sabemos que xa non é así, logo da entrada na UE e do Euro.

O Estado Español algo máis de 30 de democracia sobre o papel, pero na práctica os resortes do Estado seguen a estar manexados por persoas do antigo réxime, que retorcen as leis e a vontade dos pobos para manter o statu quo -e os seu tamén-.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.