Ni roja ni güalda

Non calla! Hai algo na bandeira do Estado Español que xera tal rexeitamento, consciente ou inconsciente, que nestas latitudes, ante un evento da magnitude mediática como é o campeonato do mundo de fútbo, onde o chovinismo se exhibe até na sopa, non chega a ser masivo como ocorre, por exemplo, en Portugal, Brasil ou calquera outro país normal.

Na miña opinión, que en Galiza, Euskadi, Catalunya, e se cadra tamén en moitas outras rexión do Estado, non haxa tal exhibición de patriotismo español se deba ás cores da badeira española, herdada, como tantas outras cousas, do fascismo franquista, responsábel de miles de mortes e represaliados.

Aínda que lle sacaran a aguia fascista e lle puxeran un escudo, as cores da bandeira española -rojo y güalda-, non logra penetrar nas almas, e si o fai, é nas xeracións máis novas, que a duras penas teñen algún coñecemento histórico sobre o ocorrido hai 70 anos, e a ditadura que veu despois.

Dise que a Transición española foi exemplar, e sen embargo, na miña opinión, foi tal esperpento que 30 anos máis tarde nada mudou nas Estruturas do Estado, xa que seguen a mandar os de sempre, e así temos resolucións xudiciais como a dos Estatut, que conculca a vontade do pobo catalán e nome de no sei que indivisíbel unidade.

Unha Transición exemplar nunca admitiría como símbolo unha bandeira manchada de sangue. Do mesmo xeito que os alemáns, após a 2ª Guerra Mundial, tampouco aceptaron a bandeira nazi.

Unha opinión sobre “Ni roja ni güalda

  1. Semella, tamén, que para “tapar as vergoñas” dun país , recurren efectivamente , á selección , “la roja” ( quédalles engadir , “y güalda” ), ísas vergoñas como ben sabemos, son os perto de 5.000.000 de DESEMPREGADOS, próxima suba do IVE, lus, impostos, butano, productos de primeira necesidade, conxelación das pensións, etc,etc,etc, e ainda por riba, están a usar o berro de….” A POR ELLOS “,( polos terroristas ), pois ben, íste “berro”, pusérao no ceo, unha tal, Victoria Prego (periodista ), na lectura ,nun remate dunha manifestación en contra do terrorismo aló en Madrí, vai xa uns anos, cousa que despóis,a ísta periodista custáralle o programa que tiña, pois íso, que gañe o millor, e como a Galega non xoga, quédome coa seleçaon de Portugal, non por nada, e que , quédame máis perto e falámos a mesma lengua, saúde marusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.