As caixas aos pés de Botín

O Goberno Central do PSOE aprobará hoxe un Decreto Lei para reformar a LORCA, norma pola que se regulan as caixas de aforros. Este Decreto Lei terá que ser ratificado polo Congreso e o Goberno xa conta co apoio explícito do PP, que semella que, cando estamos a falar de cartos, ambos os dous están de acordo.

A reforma supón a liquidación das caixas de aforro como entes financeiros públicos. Permitirá a que os bancos entren até a cociña nas caixas mediante as cotas participativas con dereitos políticos, isto é, con dereito a voz e voto. Ao mesmo tempo liquida a presenza de políticos, ou como di La Voz de Galicia, “saca a los políticos de sus consejos”, a única representación dos cidadáns nos consellos de administración das caixas.

En resumidas contas, en canto se aprobe o decreto lei, as caixas de aforro deixarán de ser de todos para seren dos mercados financeiros. Xa dixen en algunha ocasión que o sector financeiro ten unha falta de liquidez e de solvencia que os está afogando, e logo de esprimir aos gobernos, agora van polas caixas.

En resumidas contas, o PSOE está a facer coas caixas o que fixo no seu momento coa banca pública estatal: privatizar.

Unha opinión sobre “As caixas aos pés de Botín

  1. Mais ben diria eu, < unha vez máis a "bota de Botín" volta " esmaghar e asoballar", a nosa economía, nada que " seguen a MEXAR POR NÓS "marusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.