Galiza é un suceso

O verán, nos medios de comunicación fai estragos. Non só porque a platilla se reduce ao mínimo, senón polo contidos zafios e amarillistas que proliferan nestas datas.

Xa hai uns días que o veño observando, e hoxe deuseme por contar e analizar as noticias que saen na seccións “Galicia” de La Voz de Galicia. Das 18 noticias que saen na sección mencionada, 11 son de sucesos: desaparicións, decomiso de drogas, atropelos, asaltos, … ilustran unha sección, que dan unha imaxe do noso país bastante lamentábel. Non digo que estas noticias non teña que saír, todo o contrario, xa que algunhas teñen utilidade pública, pero digo eu que terían que crear unha sección acaída para inserir este tipo de noticias.

3 opiniones sobre “Galiza é un suceso

  1. Ola Imeneo,hoxe morreu outro galego no Afganistâo, e van non sei cantos, quizáis 20, non o sei de certo.Seguro que tes unha oportunidade para unha reflexión no teu blog que lle poña as pilas ao nacionalismo galego que coido ten que ser moi contundente neste tema, que politicamente é unha oportunidade. E non falo de de facer política barata cos mortos senón de facerlle ver a sociedade galega o papel que xogamos no estado, en europa, no mundo… e ao servizo de quen….Un saúdo dun xa antiguo seguidor do teu magnífico blog (e máis influínte do que che poida parecer)..

    Gústame

  2. Sobre as novas de sucesos penso que si, que en canto son noticia deben estar no xornal, mais o problema é o seu tratamento, a utilización que delas se fai cando se quere ocultar outra nova de interese xeral e o sensacionalismo mno seu tratamento. Nestes días prodúceme repulsión o xeito en que a TVG tratou, por exemplo, a desaparición de Sonia Iglesias ou o enterro do garda civil morto na Cañiza. Penso que hai imaxes ou contidos que non se deben publicar, non ten sentido e é doloroso.

    Gústame

  3. Estamos de acordo en que hai que publicalos, xa que en algún caso si é útil que sexa así; agora que, ultimamente semella que en Galiza nos matamos uns aos outros. Como dixen anteriormente, debe ser a falta de noticias do verán que aparezan noticias como a seguinte nos xornaishttp://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/11/paisvasco/1281525899.htmlDo amarillismos da TVG non é nada novo. Hai un programa ás 14 horas, coido!, que se chama “Galicia Noticias” no que practicamente as noticias que saen son de sucesos ou disputa veciñais… é algo sorprendente, de verdade!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.