A #FolgaXeral é un rotundo éxito en Galiza, superando calquera previsión, mesmo as máis optimistas. Na manifestación de Santiago, a CIG tiñan preparado o atril e a megafonía na Praza do Toural e tiveron que improvisar un acto na Praza de Praterías, -son da opinión que había que tomar a Quintana-.
Seguramente, -sinto ser pesimista- que nada vai cambiar na política do goberno central e no goberno da Xunta, pero colectivamente, socialmente, coido que a pegada desta folga xeral traerá consecuencias positivas para o futuro. Todo o mundo empeza a ser consciente de que con este modelo económico camiñamos cara o abismo, e o que temos que facer é cambiar de modelo, non rectificar, como din outros, empeñados en salvar a un PsoE que rende pleitesía ao neoliberalismo.