Un Papa caído do ceo…. en papa-grúa

A cidade de Santiago estase acicalando para esta ocasión tan “especial”. Onde antes había unha fochanca agora xa non hai, onde antes había un adoquín mal asentado, agora está perfectamente instalado; onde antes había unha baranda oxidada, agora reloce como se fora ouro. Non hai mal que por ben non veña…

E dentro destes arranxos e preparación da cidade da para tan “insigne visita” tamén inclúe a instalación dalgunha estatua para recordar a visita do Bieito XVI, como a que se pode ver na imaxe.

Mais alguén pesou que esta foto era irreverente, e foi fulminada do blog no que residía inicialmente, o que ten Nacho Mirás en La Voz de Galicia. Á persoa que censurou a foto poderá considerala pouco procedente, pero só é unha estatua. Desde logo se se tratara de execucións por aforcamento en algún país árabe, non terían o mesmo recato, tratándose ademais de persoas.

Alén disto, veño de oír na Radio Galega que os hostaleiros de Santiago de Compostela aínda lles falta un 20 ou 30% para colgar colgar o cartel de cheo. O tirón económico que se lle atribuía inicialmente ao Papa queda así en entredito.

Txema, gracias pola foto.

One thought on “Un Papa caído do ceo…. en papa-grúa

  1. Eu vino onte nalgún telediario, que sorte vai ter Santiago!!! limpa e brillante e por riba bendicida. Podían traelo por Ourense, igual axudaba para que recolleran o lixo, a bendición non a necesitamos, os ourensáns que a necesita seguro que están en Santiago.Bicos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s