Evidente contradición

Acabo de ver nos informativos os resultados da enquisa do CIS sobre como ve a sociedade española o vindeiro ano e o futuro en xeral. Unha das preguntas que fixeron na enquisa era que herdanza vai recibir a mocidade do século XXI nunha serie de aspectos (traballo, dereitos humanos, liberdade, etc). Tal e como dixeron no informativo a maioría da xente, pensa que a mocidade vai perder en dereitos laborais e sociais, pero gañará en “dereitos humanos”.

Tendo en conta que dentro da Declaración Universal de Dereitos Humanos, o artigo 23 fai unha especial referencia ao dereito ao traballo, a ter unha condicións “equitativas e satisfactorias” e á “protección contra o desemprego”; iso sen ter que recorrer á Constitución Española, que no artigo 35 tamén fai referencia a esta cuestión; como pode ser que haxa xente que pense que gañaremos en dereitos humanos cando ao mesmo tempo di que haberá un gran deterioro do traballo e das condicións laborais?

A cousa está clara: traballar xa non é un dereito. É dicir, -e sen ánimo de entrar en polémicas-, dúas persoas do mesmo sexo poderán casar e terán os mesmo dereitos que unha parella homosexual, pero non terán dereito ao traballo.

Unha opinión sobre “Evidente contradición

  1. Non estou dacordo contigo, o traballo non é un dereito…Como moito é unha desgracia, o dereito haino a pereza, e a alimentación, e a satisfacer as necesidades básicas, pero non a traballar.Releamos a Paual Lafargue…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s