Así funcionan os paquetes de rescate

Os paquete de rescate dos países non funcionan exactamente tal e como se describen no conto que podedes ler a continuación, e que vin no blog de Maikelnai’s. Con todo é unha xeito moi sinxelo de explicar o seu funcionamento. Como di ao final, non se produce nada, ao contrario, os países rescatados fican máis pobres e máis endebedados que antes do rescate.

É un día tranquilo nunha pequena e húmida aldeíña de Irlanda. A choiva cae con ganas e as rúas están desertas. Os tempos son duros, todo o mundo ten débedas e todo o mundo vive do crédito.

Ese día en concreto un rico turista alemán chega conducindo ao pobo, detense no único hotel e deixa un billete de 100 euros no mostrador, dicíndolle ao propietario que quere botarlle unha ollada ás habitacións para poder elixir a que máis lle guste para pasar a noite.

O dono do hotel dálle varias chaves e convídalle a subir as escaleiras para que vexa as habitacións con tranquilidade. Acto seguido colle o billete e vaise correndo ao local do ladopara pagar as súas débedas ao carniceiro. O carniceiro colle o billete de 100 euros e corre rúa abaixo a saldar a súa débeda co criador de porcos.

O gandeiro colle o billete e sae a fume de carozo a pagar a súa débeda co fabricante de pensos. Este último tamén sae correndo, billete en man, camiño do pub para pagar as cervexas que lle debe ao hostaleiro. O propietario do pub pásalle o billete inmediatamente a unha prostituta que está sentada na barra, e que lle fixo “a conta” un par de favores sexuais.

A prostituta colle entón o billete e sae tamén a fume de carozo cara o hotel para pagarlle ao propietario o aluguer das habitacións. O dono do hotel sitúa entón o billete de novo sobre o mostrador de modo que o rico turista alemán non sospeite nada.

Nese momento o viaxeiro baixa as escaleiras, colle o billete de 100 euros, afirma que no hotel non hai ningunha habitación que lle agrade o suficiente, garda a súa carteira e abandona o pobo.

Ninguén produciu nada. Ninguén gañou nada. Con todo, todo o pobo quedou libre de débedas e os seus habitantes miran agora o futuro con moito máis optimismo. E así, damas e cabaleiros, é como funcionan os paquetes de medidas de rescate.

Unha opinión sobre “Así funcionan os paquetes de rescate

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.