Liquidación por peche

Coa lingua galega atacada polas institucións que teñen o deber legal de protexela e promocionala en todos os eidos; cuns sectores produtivos afogados polas políticas da Unión Europea que entusiasticamente aplicaron PP e PSOE; cun sector financeiro galego liquidado -primeiro NovaCaixaGalicia e agora o Banco Pastor- por obra e gracia dos dous grandes partidos estatais, só o BNG puxo enriba da mesa unha alternativa; cun estado autonómico no punto de mira de Rubalcaba e Rajoy… a Galiza agárdalle un negro futuro se non hai unha reacción social que o impida.

A situación é tan grave, que, ou o pobo galego se defende, ou a a liquidación do País que estamos a presenciar, remataría inescusabelmente no seu peche, na súa desaparición cultural e política.

Podémolo evitar? Se queremos, si. E o 20-N teremos a primeira oportunidade para votar en clave de país, para votar a aquela forza política que defende os intereses de todos os galegos e galegas. Superado este asalto, o seguinte paso será colocar na Xunta de Galiza ás forzas políticas que si defenden a Galiza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s