Boicot Público

O xornal Público regala libros cos pensadores da esquerda; vende a prezo de saldo o cine máis cultureta; ten os articulistas máis progres do panorama mediático español; e saca algunha das portadas máis atrevidas e rompedoras dos xornais do estado. E sen embargo, con toda esta aura progre que se gasta, exclúe ao BNG do seu Twittómetro, seguimento da campaña a través do Twitter dos candidatos.

Chama a atención, que no citado Twittómetro haxa forzas extraparlamentares como o Foro de Álvarez Cascos ou Equo, e forzas políticas máis á dereita co pau da bandeira española como UpyD, e sen embargo, exclúe a unha forza parlamentar de dous deputados, e máis de 200.000 votos.

@s twitteir@s galeg@s non ficaremos calado ante esta grave censura da única forza política que nos defende nas cortes do Estado, non só como nación, senón como traballadores e traballadoras.

Así que, galegos e galegas, mentres o xornal Público non coloque ao Bloque no seu Twittómetro, propóñovos un #BoicotPublico nin merquedes ese xornal nin entredes na web.

4 opiniones sobre “Boicot Público

  1. E digo eu, non será un pouco esaxerado o boicot a Público por isto? Non será un erro simplemente a corrixir… É que se tamén boicoteamos a Público ficamos xa sen nada de lectura… 🙂

    Gústame

  2. Joder, todos sabemos que o primeiro que hai que facer para entrar a traballar en público é repetir 30 veces “Odio ao Bloque”. “Odio a Coalición Canaria” só 29 veces.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.