En 2012 o SERGAS estreará unha nova tarxeta sanitaria

Última hora: Fontes da Consellaría de Sanidade acaban de filtrarme o rascuño da que será a nova tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde que empezará a implantar en 2012. Con esta tarxeta teremos acceso a todos os servizos sanitarios do SERGAS, que poderemos financiar e pagar en cómodos prazos a negociar coa financeira, neste caso Visa Master Card.

As fontes da Consellaría defenden as bondades desta nova tarxeta sanitaria, xa que con ela, ademais dos servizos médicos, tamén poderemos comprar, obviamente, as medicinas, patacas da Limia, polos de Vilalba, e calquera outra cousa que se nos antolle. Por outra parte, coa chip que leva incorporado a tarxeta, non só temos a garantía de que as nosas transaccións comerciais estarán totalmente garantidas, senón que o chip levará incorporado todo o noso historial médico. “Unha morea de vantaxes”, sinalan as fontes da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza.

P.D.: Obviamente isto é unha brincadeira. De todo os xeitos, ao paso que vamos, e se non o impedimos, acabaremos vendo algo semellante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s