O goberno de Mariano

A cousa empeza mal. Cando un goberno ten nas súas filas a un ex-directivo de Lehman Brothers, que dirixirá o Ministerio de Economía, e outro que será Ministro de Defensa, que até onte traballaba nunha empresa de armamento, a cousa non poderá ir ben de ningunha das maneiras, xa que non defenderán os intereses xerais e si os particulares de determinados poderes fácticos. Hai precedentes abondo para afirmar isto que digo, só hai que ollar o goberno italiano, o grego, o da UE ou o dos Estados Unidos.

É un goberno tecnócrata, que non lle doerá o máis mínimo tomar decisións duras e impopulares para as que xa se haberá que ir preparando; e non teremos que agardar moito, xa que o día 30 levarán a cabo o primeiro consello de ministros onde xa se tomarán as primeiras medidas de “axuste”, como eles lles gusta dicir.

Por outra banda, e xa a nivel interno, teño a lixeira impresión que Mariano Rajoy non repartiu xogo entre as distintas familias do PP -alí tamén teñen familias- a maioría pertencen ao seu círculo de confianza e de amizade, onde se xoga todo a unha carta: se lle sae ben,”magnifique”, senón, mal asunto.

Por certo, o Ministro de Economía, Luís de Guindos, o que traballou para Lehman Brothers até que quebrou en 2008, ten un parecido razoábel con Domingo Cavallo, que fora Ministro de Economía no goberno arxentino de Carlos Menen. Isto non deixa de ser unha simple anécdota. E como curiosidade ollade o seguinte vídeo de Domingo Cavallo anunciando a paridade dólar-peso en 1991, e atent@s ao que quixo dicir e non dixo.

2 thoughts on “O goberno de Mariano

  1. Unha opinión moi miña sobre o goberno de Rajoy…É un goberno tremendamente coservador, (nin no mellor, nin no peor senso da verba, o é no senso mais literal)…É un goberno de vellos, loxicamente, por vellos, con experiencia…É un goberno moi de dereitas, pero non fascista, quenes dende as fronteiras do sistema así o pensen, trabúcanse de medio a medio…É un goberno tipicamente burgués e liberal, pero ollo, tamén penso que se trabucan os que o definen como neo ou ultraliberal, e liberal ao vello estilo, case diría que ao estilo decimonónico…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s