Acoso ao BNG

Supostamente o goberno da Xunta de Galiza ten que defender os intereses de Galiza. A súa cultura, a súa lingua, a economía, … ten que defender o noso país e traballar para acadar un nivel de benestar social e económico para todos os galegos e galegas.
Sen embargo, desde 2009, desde que goberna o PP con Feijóo como Presidente da Xunta, Galiza sofre día tras día o maior acoso a súa lingua e a súa cultura, perdemos o sector financeiro galego, a política agro-gandeira non existe, a industria naval practicamente desaparecida, … e o goberno da Xunta declárase incompetente para loitar contra o paro. Este é basicamente a diagnose dun goberno que traballa para desmantelar fisicamente este pobo.
E neste contexto, e paralelamente a este proceso, o BNG, cunha política nas antípodas da que está a facer o PP e a única organización que pon en evidencia a política suicida deste partido no noso País, está a sufrir nos últimos anos, e especialmente nos últimos meses, un proceso de acoso mediático e político que poucos precedentes ten na política estatal; un deles foi precisamente a finais de 2008, cando o BNG desde a Consellaría de Industria fixo un plano eólico que non gustaba ás elites económicas galegas, que pensan que o País é a súa horta particular, e artellaron, a través de La Voz de Galicia un acoso sistemático á forza política nacionalista durante os 3 ou 4 meses previos ás eleccións galegas.

Mais este acoso mediático de agora ten unha particularidade, conta cuns colaboradores necesarios escindidos precisamente do BNG. O poder ten claro que non hai mellor cuña que a feita da mesma madeira. E neste sentido chama poderosamente a atención a relación tan estreita entre Máis Galiza e o EncontroIrmandiño con persoeiros como Rafael Cuíña, militante do PP, que coa súa aureola de “enfant terrible” do PP, goza dun predicamento importante dentro deste grupo. E chama poderosamente a atención a cobertura mediática que lle dan aos escindidos, especialmente La Voz de Galicia, que xa levar percibidos da Xunta de Galiza de Feijóo, máis de 7 millóns de euros en subvencións.

E se aínda non está clara a estreita relación entre Máis Galiza e Irmandiños co PP, non hai máis que ollar a teima que teñen en gobernar co PP, en concellos como Cee e proximamente Muros, despois de que na Asemblea Nacional se aprobara, -democraticamente-, que non se favorecerían gobernos do PP.
Pero por que este acoso político e mediático ao BNG? A resposta témola en Asturies e Andalucía, onde o PP non acadou o éxito que agardaba para tinguir a península de azul. E a cousa para min está clara! A día de hoxe o PP en Galiza non ten a maioría absoluta, de aí que xogue a dividir e a machacar ao inimigo que non é outro que o BNG.

One thought on “Acoso ao BNG

  1. Paréceme excesivo dicir que irmandiños e máis galiza son aliados do PP nun hipotético ataque ao BNG, máis concordo con vostede que existe unha campaña moi agresiva en determinados medios para mermar as forzas do nacionalismo en Galiza.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s