Intocable: antes negro que musulmán

Como xa saberedes por outras entradas que fixen, gosto do cinema. Esta fin de semana fun a ver a película francesa Intocable. Baseada en feitos reais, a historia ten a súa orixe no libro “Tu as changé ma vie” e no documental “Á la vie, à la mort”, que narra a relación de amizade entre un rico tetrapléxico e o seu coidador. De orixes sociais e raciais completamente distintas, mais tamén culturais, a película conta a convivencia destas dúas persoas en tan complexa situación, non só pola parte do tetrapléxico rico, senón por parte do seu coidador que provén dunha familia pobre dun suburbio parisino, infestado pola droga e a delincuencia, da que o seu co-protagonista non é alleo, cuxa única motivación é cobrar o paro.

A película cumpre cos requisitos do grande público, de feito Intocable é, segundo parece, a película francesa máis vista nese país: divertida, entretida e cun final “Made in Hollywood”, a película trata sen complexos e con certa dose cómica o problema físico do seu rico co-protagonista.
Mais hai un detalle, que, coido, é sumamente interesante destacar. O coidador da película, cuxo nome é Driss, é de raza negra, nacido en Senegal; sen embargo, o protagonista real desta peculiar historia chámanse Abdel Sellou, é arxelino, e polo tanto é musulmán.
Ao meu ver este detalle non é baladí. Francia, e en concreto París, ten unha importante poboación musulmán que provén do magreb, cuxa situación de marxinación, paro, pobreza… produciu en máis dunha ocasión episodios deviolencia, reprimidos con violencia e non precisamente con solucións aos seus problemas. Mais tamén é importante o contexto internacional de loita contra o terrorismo, na que Francia é un país protagonista, ao tempo que aliado dos Estados Unidos, que participou activamente en campañas bélicas como a de Libia, cuxa relixión maioritaria é musulmán.
Na miña opinión este cambio non é casual, é claramente intencionado, para facer máis vendíbel a película a nivel internacional e tamén a nivel interno, xa que Francia, como dixen, ten unha ampla poboación musulmán, con todos os problemas de convivencia, culturais e prexuízos que isto provoca.
Neste sentido, si de vender se trataba, obviamente, é máis doado cun co-protagonista de raza negra, a fin de contas estamos acostumados a ver filmes con negros pobres axudados por brancos ricos. E se ademais, se o home de raza negra se parece a Obama, como dixo Driss na película, a cousa vai rodada.

One thought on “Intocable: antes negro que musulmán

  1. A manipulación do que se considera “bo ou malo” como cualificativos de persoas, sempre adoita reflectir o que é útil ou inutil para comunicar unhas ideas que ten o poder e que quere que a cidadanía as asuma. O poder constrúe a ética, sen ter en conta contextos, nin porqués, tan só xeraliza imaxes do que lle interesa asociar nas nosas mentes. Noraboa pola túa análise. Unha aperta.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s