O elefante branco

 Se o Juán Carlos de Borbón non tivera o accidente que tivo, ninguén se ía enterar de que fora a Bostwana a cazar elefantes, un animal protexido e en perigo de extinción, nun intre de profunda crise económica e de recortes draconianos que estamos a padecer todos os traballadores.
Protexida e en perigo de extinción tamén o está a monarquía, que vive as horas máis baixas, desde que se instaurou a monarquía parlamentar no Estado Español grazas á decisión do ditador Franco e á particular transición que se fixo no Estado. E neste sentido, hoxe ningún medio de comunicación de masas levantará a voz contra esta nova peripecia do monarca Juán Carlos, e os dous partido maioritarios correrán un tupido velo sobre esta cuestión, para facerlle a pelota a continuación.
Di a Wikipedia que a expresión “elefante branco” atribúese a posesións que teñen un elevado custe de manutención en comparación cos beneficios que aportan, unha definición que tranquilamente se lle pode atribuír á monarquía, unha figura decorativa e representativa que non aporta absolutamente nada, ao tempo que resulta cando menos vergoñento que na “era da austeridade” para a maioría, algúns vivan a corpo de rei.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s