Como cambiamos e non precisamente para mellor

En 1956 o voo dun avión americano fotografou palmo por palmo todo o noso país. Hoxe podemos ver como era a nosa aldea a nosa vila pola aquelas alturas, e pasmarnos dos cambios que houbo desde entón, e ver con estupefacción como cambiou todo e non precisamente para mellor. A extensa e intensa masa forestal que hoxe percorre Galiza, practicamente era inexistente en 1956, onde había unha intensa actividade agraria, e os montes, abertos entón e libres de eucaliptos e piñeiros, adicábanse ao pastoreo.

Para ver como era o teu pobo en 1956 só tes que clicar nesta ligazón, localizar a túa aldea ou a túa vila no menú da dereita; unha vez localizado clica co botón esquerdo do rato sobre o mapa e selecciona “Ortofotografía Voo Americano. Ano 1956“.
Por certo, sen 1956 os americanos tiñan a tecnoloxía suficiente para facer este espectacular traballo, que non terán hoxe, 56 anos máis tarde.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s