A estupidez española non coñece límites

Isto é un desastre, e camiñamos carao abismo máis negro, un abismo no que están inmersos países como Grecia. Ao longo da historia recente, non houbo ningún país que acatara as directrices do FMI que non fora empuxado a este negro abismo. O Estado Español aceptará hoxe 100.000 millóns de euros para rescatar o sistema financeiro, un rescate que non será gratis, e que o Estado será o máximo garante perante as autoridades do FMI e da Unión Europea. O que asinarán hoxe é a maneira máis perversa de socializar as perdas dun sector financeiro podre até nas súas propias raíces.

E ante este panorama sombrío e negro que se vislumbra no futuro inmediato, o facherío e o españolismo máis rancio fai a onda a “la roja”, nun intre de verdadeiro dramatismo, a uns xogadores que de ganar a famosa Eurocopa cobrarán 300.000 € por cabeza e non pagarán un céntimo en impostos no Estado Español.

Quero recordar, e non é que sexa santo da miña devoción, que Conde Roa dimitiu por outro tanto, pero claro, non era futbolista, era político.

Aclaración: a porta de La Razón non é brincadeira, é real.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s