É irrelevante un referendo sobre o rescate?

Eu, coitado de min, pensaba que isto da de consultar á cidadanía cuestións importantes era de sumo interese para todas aquelas persoas de ben, que gustan de vivir en democracia. E o rescate bancario si é unha cuestión importante que todos e todas deberíamos ter oportunidade de opinar e debater.

Mais que enganado estaba, pois resulta que a rede social Menéame, portal na que se poden subir todo tipo de noticias para que as valoren os usuarios desa rede, consideraron “irrelevante” a proposta do BNG dun referendo sobre o rescate bancario.
Home! Podedes pensar que este articuliño, que case ninguén vai ler, si que é irrelevante, e mesmo pode ser unha vendetta porque fun eu o que subiu a nova do BNG á rede citada. Certo, como militante do BNG que son, síntome un pouco ferido no orgullo, xa que a fin de contas só o BloqueNacionalista Galego pediu un referendo sobre o rescate bancario; ninguén máis o pediu, nin sequera Amaiur, o partido de moda.
Sen embargo, o que máis me sorprende é que unha rede como Menéame, que ten a etiqueta 15M como unha das máis utilizadas, recibirían cos brazos abertos unha proposta como esta, xa que este “colectivo” (por chamarlle dalgún xeito) e oseu promotor veñen reclamando a participación da cidadanía nas decisións importantes de xeito reiterado. Mais, sorprendentemente, consideran irrelevante esta proposta do BNG.
Pero “pur que!”, que diría Mourinho, pois pode ser que como non partiu deles a proposta, simplemente a ignoran; mais sorprende, que nunha rede con miles de usuarios, só dous deles votaron favorabelmente á nova, e nove fixérono negativamente.
Pero por outra banda, e vendo o cartaz que prepararon no 15M para a mobilización do próximo domingo, non debería sorprender a ninguén, salvo a incautos, este rexeitamento da proposta do BNG. A frase que figura ao pé do cartaz é moi clara ao respecto, “Sin mentiras, sin caretas, sin bandeiras”. Efectivamente, non enganan a ninguén, e como cidadáns do mundo globalizado que son, a quen lle importa a proposta dun insignificante partido nacionalista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.