Sobre o anuncio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación deLugo vén de sacar nos medios escritos un anuncio criticando o rescate do sector financeiro do Estado Español, un rescate no que se van gastar preto de 100.000 millóns de euros. Un cartos que se transformarán en débeda pública e uns intereses que incrementarán notabelmente o déficit público, que redundará en máis recortes, máis paro e pobreza a todos e todas.

O PP, promotor deste rescate multimillonario á banca, criticou abertamente o anuncio daVicepresidencia de Lugo, dicindo que é un despilfarro de cartos públicos; e mesmo Alberto Núñez Fijóo, o mesmo que fai deixación de funcións no caso de NovaGalicia Banco, no caso das preferentes, e en todo o que teña a ver con este País, tamén criticou esta iniciativa do BNG na Deputación de Lugo.
Ben! Un anuncio destes, a toda páxina, canto poderá custar? 6.000 euros? Menos, máis? Non sei!, en todo caso, é aberrante que sexa precisamente o PP quen máis critique o anuncio. Eles, o PP, entregarán preto de 100.000 millóns de euros á banca privada, o mesmo que fixo o PSOE no seu día. E TAMÉN SON CARTOS PÚBLICOS, ou de onde pensades que saen estes cartos? Saen dos nosos petos! E para que servirán? Pois para saquear o pobo, arruinalo, e para engordar a contas dos de sempre. Así de simple.
Por iso, dou a benvida a este anuncio, e vaia desde este humilde blog os meus parabéns á Vicepresidencia da Deputación de Lugo e ao BNG pola iniciativa de INFORMAR á cidadanía do custe, non só económico senón social, desta tremenda ESTAFA. As institucións públicas están para defender ao pobo non para atacalo, como fai cada día, a golpe de decreto, o Partido Popular de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo.
PD:
Por certo, descargade a imaxe e lédea! de seguro compartiredes ao 100% o texto do anuncio famoso.

One thought on “Sobre o anuncio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s