Radicalmente ético

Na política ponme enfermo escoitar declaracións de principios que logo na práctica non se cumpren. Son as novas formas de facer política. Dicir unha cousa e facer a contraria está de moda. Mariano Rajoy por exemplo, dixo que non ía subir os impostos e subiunos, entre outras cousas, e Rubalcaba propón cousas agora que cando gobernaba ou non fixo ou votou en contra.

Martiño Noriega, alcalde de Teo e compañeiro de batallas de Beiras, é outro exemplo. Presentouse ás eleccións municipais baixo o paraugas do BNG, cun programa no que prometía renunciar a súa acta de concelleiro se así llo demandaba o partido do que formaba parte, naquelas alturas, o BNG.
Marchou do BNG e é obvio que non cumpriu o que prometeu, xa que sigue sendo alcalde. E non só iso, senón que meses máis tarde o novo colectivo ao que pertence editou unha publicación onde se declaraban, el e os seus concelleiros, como “radicalmente éticos”.
Actitudes como estas califícanse por si soas. Por iso deixo a continuación a ligazón dun test de ética platónica por se lles for útil aos que se consideran radicalmente éticos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s