Unha campaña gansteril

O xornal coruñés está en campaña electoral a prol do PP descaradamente e en contra de calquera outro partido que lle poida facer perder a maioría absoluta. De algo hai que vivir, e os máis de 7 millóns de euros que lle pagou a Xunta deGaliza desde que goberna Feijóo, son para algo máis que para ir tirando, son para perpetuar no poder a un partido corrupto até a médula, e o que é peor, que practica unha política xenocida co pobo galego.

Todo lle vale a este medio de comunicación, tendo unha especial fixación co BNG. Para mostra, un exemplo, das poucas noticias que saca do BNG, nas últimas semanas sempre vai acompañada dunha na que sae Beiras, aínda que non teña nada que ver, como é este caso, conscientes do dano que supostamente fan ao nacionalismo galego. A imaxe é suficientemente ilustrativa.
Pero podemos remontarnos á 2009, ano tamén de eleccións, no que o xornal coruñés xogou un papel importante na erosión do voto nacionalista.
Todo vale lle vale ao PP para manterse no poder. Desde portadas até imputacións sen fundamento baseadas exclusivamente no díxome-díxome, que é o que implica ao concelleiro do BNG de Ourense, e seguramente o mesmo lle pasa ao alcalde, neste caso do PSOE. Se cadra, o PP gañará estas eleccións con estas tácticas gasteriles, e algúns sacarán algún deputado cos restos, pero arrasará coa credibilidade dos medios de comunicación, da xustiza e, sobre todo, da política.

One thought on “Unha campaña gansteril

  1. Ben, leído o comunicado, de ser eu Fernando Varela, e de estar convencido da miña inocencia e da falsedade do que se di na conversa a que fai referencia, previamente a dimitir, ao comunicado faríalle a seguinte engádega:”Tan convencido estou da miña inocencia que ao remate dista comparecencia, e previamente a presentar no rexistro do Concello a miña dimisión como concelleiro, personareime no xulgado de garda de Ourense e presentarei escrito acusando aos axentes que procederon a miña detención e a miña custodia ate a posta en liberdade e a xuiza, (e de selo caso outros funcionarios intervintes como o fiscal, segredario xudicial, etc.), que ordearon dita detención dos delitos de detención ilegal ou secuestro según proceda calificalos por un xurista, así como a persoa que acusoume en conversa intervida do delito de inxurias, (e de telo ratificado diante da xuiza, do de falsidade), e loxicamente, polas características da denuncia de detención ilegal, invocando a nulidade das actuacións da xuiza, declárome insumiso diante das mesmas e non acato a súa autoridade polo que procedo a revelar todo o que sei do sumario non respetando o segredo do mesmo.Por último, e invocando a miña fe na verdadeira xustiza, anuncio que non cexarei ate ver condeados, inhabilitados e, si procede, cumplindo a pena de prisión, a todos os funcionarios públicos que tan inxustamente actuaron contra min niste proceso e as persoas que inxuriandome e decindo falsedades sobre min tanto me perxudicaron, edemais de esixirlles do seu patrimonio unha reparación económica dos danos morais e económicos que seu perverso proceder tenme causado”.Xa sei que para facer isto hai que estar moi seguro da propia inocencia, pero eu o faría, ainda que voltaranme a empapelar por elo…De feito o problema político non é estar imputado pola xustiza, se non o motivo polo que é a imputación, por exemplo, si imputaran a Sánchez Gordillo polo dos supermercados, non suporíalle ningún reproche político, polo menos por parte do seu electorado potencial…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s