Cabreiroá: ignorantes e malintencionados

Cabreiroá, a empresa galega de augas minerais, sacou unha botella de auga edición limitada coa imaxe de Rosalía de Castro. En principio, e deixando á marxe o prezo, todo ben. Mais, pregúntome eu, cal é a razón de que Cabreiroá escolla uns versos en castelán, tendo como ten Rosalía versos fermosos e abondosos en galego? Terá algo que ver coas cores empregadas, que semellan unha bandeira española, a xogo coas coa botella ediciónlimitada selección española?

Unha botella de auga mineral con motivos da seleccións española, paréceme unha horterada. Pero unha botella edición especial Rosalía de Castro con frases en español e con cores da bandeira española, demostra un profundo descoñecemento da vida e da obra da autora que din homenaxear. Resumindo: son os de Cabreiroá son uns ignorantes malintencionados.
Para eles, os de Cabreiroá, este poema de Rosalía
O meu olido máis puro
dérache si eu fora rosa,
o meu marmurio máis brando
si é que do mar fora onda,
o bico máis amoroso
se fose raio da aurora,
si Dios… Mais ben sei que ti
non qués de min nin a groria.

Do libro Follas Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s