A páxina web do SERGAS lévase outra vez mal co Línux

Xa vai uns meses que se queres pedir unha cita a través da páxina web do servizo público de saúde galego (SERGAS) e se utilizas línux (no meu caso Kubuntu), vas a ter un serio problema, xa que sae un erro (atención ao pantallazo), que no caso de utilizares Windows (neste caso 7), non sairá e poderás pedir a cita sen maior problema.

Pode parecer unha cuestión sen importancia, xa que a meirande parte das persoas utilizan un computador cun sistema privativo, maiormente o Windows, mais unha administración pública non pode discriminar a ningún usuario que utilice un sistema operativo distinto ao maioritario, e mais se este, o línux, e libre e gratuíto ou cando menos de baixo custe. Por facer unha comparación e como se no SERGAS receitaran medicamentos de marca no canto dos xenéricos, que teñan o mesmo principio activo. A cousa é máis ou menos a mesma.

O curioso é que non é a primeira vez que ocorre este problema, xa en 2007 escibira outro post sobre esta cuestión, que se solucionou meses máis tarde. Porén, volvemos ás andadas!

4 opiniones sobre “A páxina web do SERGAS lévase outra vez mal co Línux

  1. Tiven ubuntu fai tempo e tamén me pasou moitas veces… É un problema que desde moitas administracións non se facilite o uso aos que empregamos software libre. Mais o futuro é software libre, antes ou despois. Tardará pero terán que adaptarse.

    Gústame

  2. Non é un problema de Linux mais do SERGAS, os certificados e Firefox. Ocorrería o mesmo en Windows+Firefox (Ou Chrome)Aceptando o certificado debería funcionar.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.