Dous anos do caos aéreo: doma e castración da clase traballadora

O goberno de Zapatero sabía que os controladores aéreos non podían facer máis horas das legalmente estabelecidas, pero tampouco tiña substitutos. Segundo informa hoxe mesmo, o xornal El Mundo a ex-directora de navegación aérea, hoxe tamén alto cargo do PP (o que vale para un roto, vale para un descosido), recoñecía nun documento oficial, datado días antes de que o goberno do PSOE decretara o “estado de alarma”, que os controladores efectivamente non podían facer máis horas, segundo se reflectía na lei 1001/2010. Porén, o que sería un escándalo político de campeonato, o PSOE dálle a volta á tortilla e pon aos controladores de culpábeis dunha situación da que en absoluto son responsábeis, como así o demostraron posteriormente os tribunais, e como así o reflicten os documentos filtrados a estas alturas.

Así foi como o goberno de Zapatero, coa colaboración de todos os medios de comunicación -absolutamente todos- situaron a un colectivo de traballadores e traballadoras ao borde do linchamento público, somentendo á inmena maioría da poboación a tal grao de irracionalidade, que causa espanto do que se pode facer desde as máis altas esferas do poder. Todos a unha someteron a un colectivo laboral, que sempre plantou cara á hora de defender os seus dereitos, uns dereitos no que moitos vían privilexios.
Xa é tarde para pedir responsabilidades políticas, porque houbo eleccións hai pouco máis dun ano. Pero hai algun que outro político en activo, con diversos cargos e responsabilidades, que debían reponder perante a xustiza por aquel caos aéreo que provocaron para domar a un colectivo especialmente reivindicativo. E como denunciei no seu día, niso están de acordo PP e PSOE, porque así terano máis doado co resto de colectivos laborais. Polo tanto, non agardedes miragres!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s