Reinicio ou cambio de sistema?

O día 8 de xaneiro nace un novo partido político, o Partido X, o partido do futuro. A falta de coñecer as súas propostas, a súa máxima prioridade é “reiniciar o sistema”. Segundo informa ElDiario.es os seus integrantes son anónimos e haberá que agardar até a data indicada para coñecer os seus responsábeis políticos e o seu ideario.

Herdeiros do #15M e outro tipo de movementos sociais nacidos a redor das novas tecnoloxías, e á falta de coñecer as súas ideas, resulta paradóxico que a súa principal prioridade sexa “reiniciar o sistema”. Explícome! Calquera que sexa un pouco entendido en informática sabe perfectamente que un “reset” faise cando un computador funciona mal; de feito, a meirande parte dos problemas que pode ter un computador soluciónanse reiniciando o sistema; porén se o sistema está corrupto ou ten tendencia a corromperse, ten virus, malware, troianos, etc, dá igual as veces que o reinicies, o ordenador funcionará mal igualmente. Daquela, a solución é obvia, hai que mudar de sistema, non reiniciar. Porén iso é o difícil.
Seguindo co símil dos computadores, todo o mundo sabe que o sistema privativo máis estendido, o Windows, a medio e longo prazo é unha fonte inesgotábel de problemas. Porén, por medo, descoñecemento ou porque non che explican como funciona, así como as vantaxes da alternativa, o software libre, a meirande parte dos usuarios informáticos prefiren vivir atrapados no software privativo malia aos problemas que lle poida ocasionar.
Por iso, no mundo “real” pasa máis ou menos o mesmo, a case ninguén lle gusta este sistema, pero ninguén o quere cambiar polas mesmas razóns que indiquei no parágrafo anterior; así, malia a estética a linguaxe rompedora, non nos deixemos enganar polos que propoñen “reiniciar o sistema”, xa que no fondo do que se trata é de non mudar nada.

One thought on “Reinicio ou cambio de sistema?

  1. Creo que a túa comparación sobre a súa metáfora está moi rebuscada. Coido que haberá que escoitalos para saber que din, que queren e que propugnan e non xulgalos antes de tempo. De tódolos xeitos non todos os antisistemas demostraron selo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s