Da revolución á tecnocracia

Hai uns poucos anos as primaveras árabes inundaban os medios de comunicación. A esquerda occidental -mellor dito, a progresía occidental- poñías como exemplo da loita contra unhas “tiranías”, que até había poucas semanas ou meses eran amigos de toda a vida porque servían fielmente aos intereses occidentais.

Estas revolucións inducidas desde arriba, desde o poder que controla as redes sociais, prenderon nunha poboación empobrecida e desesperada, vítima das políticas neoliberais que as reducía á miseria. Algo debía cambiar para que todo seguira igual, e así foi. Cambiáronse os gobernos, cambiáronse os tiranos amigos, mais as políticas non mudaron, e agora desde Túnez a Exipto, a mesma poboación desesperada segue a clamar por unhas condicións de vida dignas.
Así as cousas, as prometedoras revolucións da primavera árabe, desembocaron en gobernos tecnocráticos, como o de Túnez, que non servirán para resolver ningún problema destes pobos, ao contrario, só axudarán a cavar máis no pozo.
E no Estado Español pois outro tanto do mesmo. Ante os numerosos casos de corrupción que salpican a política, ante o fracaso da política e de determinadas organizacións políticas maioritarias que seguen ao pé da letra os ditados neoliberais, acabaremos tendo, máis cedo que tarde, unha revolución impulsada desde desde as máis altas instancias do poder a golpe de “tuit”, que desembocará máis cedo que tarde nun goberno tecnocrático ao gusto da plutocracia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s