Papa Francisco, unha elección casual?

A igrexa non dá puntada sen fío e neste sentido para min non é casual a elección do papa Francisco, que se nos presenta como a antítese do Bieito XVI. O papa arxentino, non só é máis próximo que Ratzinguer, mesmo rompendo o protocolopara achegarse á xente, non só é máis mediático que o anterior, senón que os medios de comunicación poñen a énfase na súa dedicación aos pobres e aos máis necesitados para que ninguén se despiste, este é o faro ao que seguir neste contexto de profunda crise económica.
A igrexa católica mantivo desde os seus inicios unha estreita relación co poder, mesmo fundíndose con el nas etapas máis primitivas. Así, do mesmo xeito que Xoán PabloII foi o azoute do comunismo, que caeu durante o seu papado, a elección do papa Francisco é moi oportuna se temos en conta a situación social e política actual, un contexto no que a igrexa terá a súa oportunidade para recuperar as ovellas perdidas durante todos estes anos, ao tempo que será o dique de contención que evite cambios políticos e económicos máis profundos neste sociedade.
O tempo dirá, mais unha institución con dous mil anos de historia e perfectamente inserida nas estruturas do poder non deixa ao arbitrio dos espírito santo a elección dun persoeiro tan relevante politicamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s