Guerra Mundial Z: propaganda sionista da peor calaña

Cartaz da película "Guerra Mundial Z"Se es d@s que non gustas que che desvelen nada das películas, mellor non sigas lendo, porque vou a falar dun detalle moi significativo da película “Guerra Mundial Z”. Non será precisamente o final, mais, estando protagonizada esta película por Brad Pitt, xa podes supoñer como será o final desta fita.

A película vai de zombies. Seres humanos que se transforman en morto viventes. Unha auténtica praga. Non hai recuncho do planeta libre da voracidade destes seres, agás Corea do Norte e Israel. O país asiático librouse, porque lle quitaron os dentes á toda a poboación. Pensaredes que son un pouco brutos, si, pero están vivos! No caso do país xudeu a cousa é máis sibilina

Israel librouse dos zombies, porque xa hai algúns anos que tiña coñecemento desta “enfermidade”, alá pola India. E eles, listos como allos, -agárrate ao rato!- decidiron construír uns muros enormes para facerlle fronte a unha posíbel praga, que finalmente acabou chegando ás mesmas portas de Israel.

Así que, se pensabas que os tristemente famosos muros de Israel eran para separar a poboación xudía e recluír a palestina nun guetto, estás equivocad@, foi para facerlle fronte aos zombies. Ver para crer!

A película ten algún detalle máis tamén controvertido, mais este coido que é o máis manipulador que vin nos últimos anos. Non sei quen produce esta película, pero estamos a falar de pura e simple propaganda sionista, que tenta non só cambiar a historia, senón manipular o presente, xa que este muro da vergoña aínda está en fase de construción.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s