As Syrizas

Un artigo de Andoni Baserrigorri

SyrizaAnte a morte de dous militantes neonazis gregos nun enfrontamento armado con militantes de esquerda, Syriza, non tivo outra ocorrencia que cualificar o feito como que “apunta á democracia”.

Sen querer entrar a valorar a acción e o desenlace o cal, efectivamente saldou coa morte dos dous fascistas gregos, a reacción de Syriza, chama e moito a atención. E faio precisamente porque o suposto grupo “antisistema” e “anticapitalista” da “esquerda plural” grega, terminouse de espir en termos ideolóxicos.

Quizais haxa que facer un pouco de memoria e lembrar como desde a prensa dos estados europeos quixéronnos mostrar a Syriza, como unha esquerda radical, que pretende terminar co capitalismo e que busca unha ruptura en Grecia. Esa foi a posta en escena e así nola mostraron.

Di un vello refrán castelán que o diaño para enganar sempre amenta as sacras escrituras. Syriza amentounas até a saciedade, e seguiu ese xogo, sen dúbida propagandístico, coa intención de captar o voto de amplos sectores da sociedade grega que están xa fartas dun sistema, o capitalista que lles está levando a unha situación limite e a unha miseria crecente.

Non tardaron en saírlle imitadores a Syriza. Tanto no estado español, como nalgúns outros lugares, enseguida houbo quen nos sinalaron a Syriza como a esperanza non xa de Grecia senón de Europa e que a súa estratexia de acumular forzas á esquerda da socialdemocracia, era o camiño para tomar o poder por parte dos sectores populares e empezar a cambiar as cousas na vella Europa.

Quizais no estado español, a primeira experiencia nese sentido deuse en Galiza onde unha variada amálgama de grupos de esquerda crearon Anova e deseguido se lle alcumou a “Syriza galega”. Pronto Anova pactou co esquerdismo reformista de EU, coa súa sucursal galega, sen importarlles demasiado nin a Beiras ou a cada vez máis reformista FPG. Cuantos máis mellor parecía, só importaba que houbese unha chea de siglas de face a lograr un bo resultado electoral. Coma se acudir ao parlamento burgués de Galiza ou de calquera outro lugar do mundo fose a maneira de solucionar os problemas da clase obreira e demais sectores populares. E non só iso, atrevéronse a proclamar que o problema nacional, debería pasar a un segundo plano ante a situación xeral. Se pactas con españolistas, aínda que sexan de esquerdas…

Pasados varios meses, nin fixeron unha política anticapitalista consecuente nin soberanista. E non só iso, fai ben pouco, deron un espectáculo lamentábel, montando unha monumental liorta entre os grupos integrantes da “Syriza” galega por conseguir o escano dun dos seus membros que debía deixar o parlamento por razóns laborais. Como se pode ver, nin anticapitalismo, nin rupturismo nin nada. Izquierdismo reformista e oportunista do século XXI.

Pódese dicir que a “experiencia Syriza-galega” imitou perfectamente á Syriza orixinal grega. Pasada a euforia inicial, en Grecia, e logrado un digno resultado electoral, Syriza non achegou nada novo á vella política do país heleno. É máis, é evidente que cada día que pasa aséntanse máis en ocupar o lugar do PSOK socialdemócrata. É xa a referencia da esquerda “razoábel” que todo país capitalista desexa para si. Unha esquerda que se limite a unha pose radical, pero que non toque os seus intereses en ningunha das patas que o sostén.

Unha esquerda que poida absorber o voto revolucionario e conducilo cara a posicións moderadas. Unha esquerda que desilusione, para que a clase obreira chegue ao convencemento que non é posíbel derrotar o capitalismo. Unha esquerda que asuma que o parlamentarismo burgués é a única forma de organización política da sociedade.

Unha esquerda, en fin. que renuncie ao socialismo e a liberar ao pobo das cadeas do capitalismo.

Nese sentido Syriza non era ningunha novidade. Non é senón unha versión moderna e en grego de Euskadiko Ezkerra, experiencia vasca dos 70-80 e que desembocou no PSE-PSOE. O reformismo e o revisionismo é mais vello que mexar contra a parede.

Por iso, ante os feitos ocorridos en Atenas Syriza dixo publicamente que tales feitos atentan “contra a democracia”. E é que para Syriza a actual situación de Grecia, con ricos cada vez máis ricos e a poboación cada vez máis na miseria, cunha ameaza fascista evidente, cunhas agresións crecentes da oligarquía contra os dereitos dos traballadores… é unha situación “democrática”. Esa é a idea de democracia que ten Syriza, o sistema burgués-parlamentario e de economía de mercado. Ou sexa, capitalista.

Se un partido ou organización política non ten claro, que o sistema burgués non é democrático e que é preciso e urxente crear un alternativo, chamado democracia popular, que é urxente nacionalizar a banca e os medios de produción, que se debe situar no centro da acción política a derrota da burguesía, que é preciso a repartición da terra… por moita batucada que toque, é unha farsa e un engano para a clase obreira e os sectores populares.

Syriza poderá seguir amentando as sacras escrituras para enganar, pero acábaselle o tempo da farsa. Xa ensinou a patiña e esa patiña… é unha máis do sistema capitalista. A esquerda “guay” do Paraguai.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.