Fascismo

fascismoO ataque fascista nas oficinas dun avogado que defende a querela presentada en Arxentina polos crimes da ditadura franquista non é casual, pois demostra que transición foi un mero lavado de cara, quitar as bandeiras do aguilucho e pouco máis. Os mesmos que mantiñan o poder das estruturas do Estado durante a ditadura son os mesmos que manexan os fíos da democracia. De haber unha auténtica transición, feitos como os ocorridos hai uns días en Vigo serían pouco menos que impensábeis.

Mais fascismo non é só que destrúan o despacho dun avogado, fascismo tamén é que o Ministro do Interior propoña, e sen arrubiar un chisco, retirar os subsidios de excarcelación que perciben os presos e presas, cando iso está garantido pola Constitución. Porén, o grave non é que o propoña un Ministro, o malo é que socialmente sería amplamente aplaudido, do mesmo xeito que se acepta como normal a Doutrina Parot ou a cadea perpetua.

O fascismo está entre nós, seguramente non como no caso grego, onde hai un partido de estrema dereita no parlamento, mais pálpase no ambiente e nunha sociedade que se sente cómoda con exhibindo determinados símbolos fascistas, que só deberían ser vistos nos museos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.