O deputado L’Oreal

David Fernández Calviño, o deputado L'Oreal“Porque eu o válloo” ou como dicimos en Galiza “non ten avoa”; así se podería resumir a entrevista que David Fernández Calviño, o diputado de AGE residente en Dinamarca, concede hoxe a La Voz de Galicia.

Non só non sabe até cando vai durar a súa irregular situación de estar en Dinamarca cunha acta de deputado do Parlamento Galego e outra de concelleiro de Toen, senón que “pasa da polémica”, -así, con todas as letras-, xerada polo seu caso, ignorando que son os seus votantes os primeiros que están escandalizados pola situación que se vive dentro da Alternativa Galega de Esquerdas, que pasaba por ser unha forza política diferente e acaba facendo unha chambonada como tantas das que fai o PP.

Pero isto non é todo. Segundo informa o mesmo xornal aínda non renunciou á adicación exclusiva, que lle reporta 4.800 € ao mes por representar aos ourensáns desde Dinamarca (sen adicación exclusiva serían 2.300 €).

Con todo, aínda engade que “o importante é que nós sigamos defendendo os nosos principios”, claramente vulnerados, segundo puidemos apreciar no código ético-político asumido -supoño- por todos os candidatos e candidatas de AGE.

Este é David Fernández Calviño, o deputado L’Oreal de AGE, exemplo dun conglomerado creado exclusivamente por intereses electoralistas, que se presentaron ás eleccións Galegas de 2012 apelando a unha ética política de palla.

2 opiniones sobre “O deputado L’Oreal

  1. Moitos dos nosos emigrantes virían encantados catro veces ao mes á súa terra se o Parlamento tamén lles pagara 4.800 euros ao mes. Isto é un puto escándalo..

    Gústame

  2. Só quero resaltar unha cousiña. Avoa escríbese con v e “no tener abuela” é unha expresión castelá. En galego, con decir que é un moinante que chupa do bote coma tódolos políticos entendémonos perfectamente.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.