11 anos do Prestige e todo segue igual

Hai 11 anos Galiza sofreu a maior catástrofe ecolóxica da súa historia. Non era a primeira vez que un barco afundían perante as nosas costas, mais foi o Prestige o que seguramente esparexeu máis “merda” en en toda a costa galega. Os responsábeis políticos do accidente non só quedaron impunes, senón que hoxe dirixen politicamente o Estado coa mesma neglixencia e impunidade con que daquela xestionaron o accidente.

Nestes últimos 11 anos moitos seguimos a preguntarnos se cambiou algo que imposibilite que unha catástrofe así volva a ocorrer. A resposta terémola no próximo naufraxio.

Galiza ten unha posición privilexiada. As nosas rías son as máis produtivas do mundo polas correntes que chegan desde os fondos abisais do Atlántico. Mais tamén preto de nós pasan miles de barcos con cargas moi delicadas para a saúde de todos os galegos e galegas, e tamén para o medio ambiente. A sensación é, como dicía antes, que nada mudou desde aquela até hoxe. Só é cuestión de tempo. Por iso, déixovos un vídeo editado pola plataforma Nunca Máis, que aínda hoxe segue a denunciar a falta de medios para loitar contra unha catásfrofe semellante. Hai cousas que cómpre non esquecer.

Cousas que compre non esquecer “nunca máis” from Terra e Tempo Tv on Vimeo.

Vídeo realizado pola plataforma "Nunca Máis" para dar resposta ás "verdades" oficiais e á contrainformación que se propagou para tapar a incompetente xestión do accidente do Prestige que conduciu ao desastre ecolóxico e económico que tivo lugar nas nosas costas.
O vídeo parte dunha idea de Enrique Acuña da Plataforma "Nunca Máis" de Pontevedra, para facer levar a cabo unha proxección sobre a fachada do Goberno Civil de Pontevedra. A realización do vídeo foise levando a cabo pola colaboración desinteresada de moitas persoas que achegaron materiais que finalmente foron editados por Xoán Carlos Garrido e Bieito Lobeira neste traballo que se reproduce aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.