AGE-Prestige: algunhas coincidencias

barco ageNo aniversario do Prestige, AGE, a formación política liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, non puido buscar unha data peor para anunciar a dimisión de David Fernández Calviño como deputado do Parlamento Galego, na procura de buscar unha saída a unha crise que está lonxe de contentar a todos e todas.

Como no Prestige, os responsábeis políticos desta organización conduciron mal este asunto desde o principio, con acordos e trasacordos, o mesmiño que o goberno do PP en 2002 co barco que espallou chapapote por toda a costa galega até afundirse perante as nosas costas.

Dimitido David Fernández Calviño, agora toca reconducir a tensa relación coa seguinte na lista, Carme Iglesias, que como xa anunciara reiteradamente non cedería a acta para que recaera en mans de Anova para non romper o equilibrio de forzas, que, malia todo, beneficia a Esquerda Unida.

Así as cousas, e se todo vai como se prevé, AGE perderá un escano dos nove que tiña, xa que Carme Iglesias pasará ao grupo mixto, logo de ser expulsada da formación española EU por non acatar a decisión do partido.

Resumindo, que AGE está tocada, moi tocada, non só internamente, senón externamente e a súa “inmaculada” imaxe pública coa que se presentou ás eleccións galegas de hai un ano xa non é a que foi. Seguramente non afundirá, mais como xa indiquei noutro momento, AGE perdeu a virxinidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.