JFK, 50 anos do seu asasinato

KennedyPouco antes de deixar a Casa Blanca, Eisenhower, no último discurso como presidente dos Estados Unidos, deu conta da grande influencia que ten nos corredores do Capitolio a sector industrial militar, que el, por acción ou omisión axudou a crear durante o seu mandato.

En plena Guerra Fría e cunha guerra á vista, a de Vietnnan, chega á presidencia un JFK disposto non só a achegar posturas cos rusos, senón a retirar as tropas deste país asiático. Se a isto lle unimos que por mor da Crises dos Mísiles de Cuba e o asunto de Bahía Cochinos Kennedy apartou dos seus cargos a determinadas vacas sagradas do poder militar, é evidente que este poderoso sector industrial dos Estados Unidos non ía quedarse quieto mentres este Presidente desmantelaba a súa influencia e o seu poder, o que se traducía en millóns de dólares en gasto militar.

Non hai máis que botar unha ollada aos acontecementos históricos posteriores para decatármonos de que con JFK fóra da circulación, á industrial militar foille tan ben nos anos posteriores o seu asasinato, que en 2011 o gasto en defensa supuxi o 41% do total de todos os países do mundo.

Se non asasinaran a JFK é probábel que historia fora diferente, polo menos en parte, mais iso non o saberemos nunca. O que si sabemos é quen gañou coa súa morte.

Segundo a historia oficial, a Kennedy matouno Lee Harvey Oswald cun rifle italiano que comprou por 12 dólares; disparou desde o sexto piso dun almacén de libros a un obxectivo móbil, toda unha proeza, malia ser un pésimo tirador, cun rifle, que nin sequera era automático. Mais, di Norman Mailer que “á nosa razón é lle virtualmente imposíbel asimilar que un homiño solitario derrubara a un xigante en medio das súas limusinas, das súas lexións, do seu xentío, da súa seguridade. Se unha persoa tan insignificante destruíu ao líder da nación máis poderosa do planeta, entón atopámonos sumidos nun mundo de desproporcións,e o universo en que vivimos é absurdo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.