De que viven os medios de comunicación?

Subvencións medios de comunciación Vicepresidencia da Xunta de GaliciaOnte venres o DOG deu a coñecer as axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva que concede a vicepresidencia da Xunta de Galicia aos medios de comunicación. O total da subvención de 966.025 € e o 60,45% do total vaia para un só medio de comunciación, La Voz de Galicia, que, como todos sabemos caracterízase polo uso do galego e por tratar equitativamente a todas as forzas políticas de Galiza. E como mostra desa equidade, hoxe -ao día seguinte da publicación da subvención-, o medio de comunicación máis beneficiado por esta liña de axudas, entrevista ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Mais non pensedes mal, é pura casualidade!

Mais esta liña de axudas da vicepresidencia non é a única da administracións autonómica, outras consellarías como Medio Rural tamén adican importantes cantidades, en concreto 739.000€, a financiar os medios de comunicación.

Nestes intres de crise económica as subvencións públicas aos medios de comunicación son vitais para todos eles. Porén, mentres estes reciben importantes axudas que pagamos todas e todos, son capaces de facer unha auténtica campaña de intoxicación contra os partidos políticos por recibir subvencións públicas, tratado recentemente nun programa de Vtelevisión, ou por criticar o mantemento dunha canle pública de televisión, algo que reiteradamente fai La Voz de Galicia.

Os medios de comunicación fan apoloxía da austeridade e dos recortes, mais as súas subvencións que non llas toquen.

2 opiniones sobre “De que viven os medios de comunicación?

  1. ¡¡¡¡Manda carallo!!!! Animaivos, Vaqmosa a sair da crise,¡pero ¡XA!! casaxudadas dos que menos teñen crisis.pero son os anmti desturbios. Non son os ati informativos, de todos nós.Hay que ser escravos ubvencionados;ainda que o pais se funda.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.