Carta de Jean-Claude Trichet a Zapatero

El dilema de José Luís Rodríguez ZapateroA continuación reproduzo a carta que enviou o BCE ao goberno de Zapatero en agosto de 2011. Coñecémola agora, supoño que integramente, non porque o goberno do PP a levara ao Congreso, senón porque Zapatero inseriuna no seu libro “El Dilema”, presentado publicamente hai uns días.

A misiva enviada polo presidente do BCE en absoluto é unha carta de amor, é unha carta de ordes e de recomendacións que o goberno de Zapatero tería que asumir para facer as reformas necesarias, especialmente no mercado laboral e de control do déficit. Estas medidas non son para meter en cintura a un sector financeiro que provocou a crise económica, senón para salvalo a costa dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

Como todos sabemos, unha vez recibida esta carta, o goberno do PSOE, aparte doutras medidas, acometeu, coa axuda do PP, unha reforma Constitucional, na que dá “prioridade absoluta” ao pago da débeda pública, por encima doutro tipo de gastos ou investimentos públicos.

“El Dilema”, aparte do libro de Zapatero, tamén é o título dunha película que dirixiu Michal Mann en 1999. Nela un alto directivo dunha empresa tabaqueira desvela o segredo para crear a adición ao tabaco para así obter millóns de dólares en beneficios. A diferencia é que o directivo enfróntase á súa empresa, mentres que Zapatero claudica ante as demandas do BCE, demostrando, unha vez máis, que o Estado español non ten soberanía, simplemente obedece ordes da Unión Europea.

CARTA DO PRESIDENTE DO BANCO CENTRAL EUROPEO AO PRESIDENTE DO GOBERNO DE ESPAÑA

EXTRICTAMENTE CONFIDENCIAL

Sr. José Luís Rodríguez Zapatero

Querido presidente do goberno:

O consello de Goberno do Banco Central Europeo abordou o 4 de agosto de 2011 a situación nos mercados de débeda pública española. O Consello de Goberno considera esencial que as autoridades españolas adopten medidas urxentes encamiñadas a devolver a credibilidade da firma soberana nos mercados de capitais.

Recordamos que o cumio de xefes de Estado e de Goberno da zona euro celebrada o 21 de xullo concluíu que “todos os países da zona do euro reafirman solemnemente a súa determinación absoluta de facer plenamente honor a súa propia firma soberana e a todos os seus compromiso en materia de condicións orzamentarias sostíbeis e reformas estruturais”. O Consello de goberno considera que España debe apuntalar urxentemente a reputación da súa firma soberana e o seu compromiso coa sostibilidade fiscal e as reformas estruturais, e facelo mediante probas críbeis.

Na conxuntura actual, consideramos esencial a adopción das seguintes medidas:

1.- Consideramos necesario adoptar medidas adicionais que melloren o funcionamento do mercado de traballo con vistas a lograr claros avances na redución da elevada taxa de paro.

a) O decreto-lei de reforma de negociación colectiva aprobado polo Goberno español o 10 de xuño debería reforzar de maneira máis efectiva o papel dos acordos no ámbito empresarial con vistas a garantir unha descentralización real das negociacións salariais. No transcurso do próximo trámite parlamentario deberían aprobarse emendas que leven a reducir a posibilidade de que acordos no sector industrial (en ámbitos nacional ou rexional) limiten a aplicabilidade de acordos a nivel empresarial.
b) Ademais, preocúpanos enormemente que o Goberno non adoptara ningunha medida para suprimir as cláusulas de indicación da inflación. Ditas cláusulas non constitúen un elemento adecuado nos mercados laborais dunha unión monetaria, dado que supoñen un obstáculo estrutural para o axuste dos custes laborais y, polo tanto, contribúen a dificultar a competitividade e o crecemento. Animamos ao Goberno a tomar medidas audaces e excepcionais para excluír o recurso a ditas cláusulas á vista da actual crise.
c) O goberno tamén debería tomar medidas excepcionais para promover a moderación salarial do sector privado, en consonancia coas reducións significativas dos salarios públicos acordadas o ano anterior. Invitamos ao Goberno a explorar todas as vías posíbeis para a consecución de dito fin.
d) Ao mesmo tempo, suxerimos revisar en breve outras regulacións do mercado laboral con vistas a acelerar a reintegración dos desempregados no mercado de traballo. Vemos importantes vantaxes na adopción dun novo contrato laboral excepcional no que as indemnizacións por despido sexan moi baixas, e que se aplique durante un período limitado de tempo. Ademais, suxerimos suprimir toda restrición á prórroga de contratos temporais durante certo período de tempo.

Á vista da gravidade da situación dos mercados financeiros, consideramos fundamental que as medidas, nos campos arriba expostos, se tomen coa maior brevidade posíbel, e a máis tardar a finais de agosto.

2.- O Goberno tamén debe adoptar medidas audaces que garantan a sostibilidade das finanzas públicas.

a) O goberno debería demostrar de xeito claro, con accións, o seu compromiso incondicional co cumprimento do obxectivos de política fiscal, independentemente da situación económica. Con este fin, instamos ao Goberno a anunciar, ao longo do presente mese, medidas adicionais de consolidación fiscal estrutural para o que queda de 2011 superiores, como mínimo ao 0,5 por cento do PIB, con vistas a convencer aos mercados de que o obxectivo de déficit do 6 por cento alcanzarase sexan cales sexas as circunstancias. Simultaneamente, seguirán aplicándose normas fiscais nacionais que aseguren o control dos orzamentos rexionais e locais (incluíndo a autorización para a emisión de débeda por parte dos gobernos rexionais), e implementaranse con celeridade, se é necesario, plans gubernamentais de consolidación dos goberno rexionais e locais.
b) A recente publicación dos datos trimestrais sobre a execución do orzamento dos gobernos rexionais é un importante paso adiante en canto á transparencia, pero non vai todo o lonxe que debera. O Goberno debería publicar a curto prazo as contas nacionais de todos os subsectores gubernamentais xunto coa estatísticas trimestrais das finanzas gubernamentais. Ademais, a medio prazo, o goberno debería promover a publicación mensual dos datos das contas nacionais de outros subsectores gubernamentais, co mesmo nivel de detalle e frecuencia que se aplica ao goberno central.
c) Acóllese con agrado a introdución dunha nova regra de gasto (que limita os incrementos de gasto, en períodos normais, a taxa do crecemento tendencial do PIB, a menos que se financien mediante cambios na lexislación impositiva). Resulta básico que esta regra se aplique no futuro a todos os subsectores gubernamentais.

3.- Finalmente, animamos ao goberno a adoptar máis reformas do mercado de produtos. Neste ámbito deberían abordarse diversos aspectos:

i) Aumentar a competitividade no mercado enerxético para que os prezos reflictan mellor o custe da enerxía, así como adoptar medidas para reducir o alto nivel de dependencia enerxética da economía española;
ii) Promover o mercado de alugueres para a vivenda mellorando a regulación dos contratos; e
iii) Aumentar a competitividade no sector servizos abordando especificamente a regulación dos servizos profesionais.

En suma, confiamos en que o Goberno sexa consciente da súa altísima responsabilidade no bo funcionamento da zona euro na actual conxuntura, e en que dun xeito decidido adoptar as medidas necesarias para recuperar novamente a confianza dos mercados na sostibilidade das súas políticas. Ditas medidas, sumadas a todas as que xa están en marcha para reestruturar e recapitalizar o sector bancario español, deberían dar como resultado grandes beneficios non só á economía española, senón a zona euro no seu conxunto.

Cos meus mellores desexos.

Jean-Claude Trichet
Miguel Fernández Ordoñez

CC á Ministra de Economía Elena Salgado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.