Un funeral de morte

O cachondeo de ObamaPoucas veces un funeral dunha persoa xuntou a tantos mandatarios mundiais e aunou tantos discursos laudatorios como o de onte a Mandela. Mais tamén coido que ningún outro xuntou tanto cinismo e hipocrisía nunha homenaxe que debía ser exclusivamente do pobo sudafricano, especialmente para os de raza negra, que tanta sangue derramou para que ao final se fixera xustiza. Unha xustiza, todo hai que dicilo, relativa, porque a desigualdade social e económica entre negros e brancos está moi lonxe de igualarse.

E neste contexto esperpéntico temos a un Rajoy que equipara a homenaxe a Mandela coa conquista da copa do mundo de fútbol por parte da selección española; e temos un Obama, premio Nobel da Paz -como Mandela- que ten un campo de concentración e Guantánamo e a asasina inocentes desde Washington cos seus avións teledirixidos, e de paso aproveita ofuneral para ligar coa presidenta danesa e cachondearse en plena cerimonia. Un desastre, que xa se vía vir!

Con este fato de pelotas e oportunistas políticos, que só procuran a beatificación de Madiba para así acalar a súa mensaxe política, non é de estrañar a frialdade do pobo sudafricano. E lamentándoo moito, hai que dicir, malia coincidir con determinados medios ultra-fascistas (obviamente, non no tono), que a homenaxe do pobo sudafricano a Mandela quedou moi lonxe da que lle deu o pobo venezolano a Hugo Chávez non hai moitos meses. Porque unha cousa son as conquistas políticas, o dereito ao voto é importantísimo para dar voz a un pobo humillado e maltratado como o foi o sudafricano; mais outra cousa son as conquistas sociais que melloraron relativamente para a meirande parte dos homes e mulleres de cor sudafricano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.