Beiras axeónllase perante Esquerda Unida

de xeonllosO affaire do escano de Davida Fernández Calviño tiña difícil solución tal e como se sucederon as cousas desde un principio, mais coido que xa rozan o esperpento e terá consecuencias políticas inevitábeis para coalición electoral AGE.

Era dificil xustificar que Carme Iglesias, a segunda da lista por Ourense, pasara ao grupo mixto, xa que iso implicaría a perda dun deputado e na práctica a ruptura desta coalición. Mais, a bendición que Beiras deu hoxe á entrada de Carmen Iglesias no grupo Alternativa Galega de Esquerdas do Parlamento Galego é a peor de todas por varias cuestións:

  1. Porque se fai por intereses económicos. Se Carmen Iglesias pasara ao grupo mixto, AGE perdería 62.000 euros de subvención públicas.
  2. Porque Beiras e Anova quedan nunha situación que os deixa aos pés dos cabalos; uns auténticos peleles ao servizo de Esquerda Unida, que lle pasa a pataca quente e as súas consecuencias políticas. Hai que ter en conta que Carmen Iglesias é unha militante de Esquerda Unida, que non acata a decisión da súa organización, polo que o problema é de EU non de Anova. Porén Beiras asume e traga coas consecuencias políticas dun asunto que o deixa moi mal parado politicamente.
  3. Porque as bases de Anova, concretamente as de Ourense están en contra da entrada de Carmen Iglesias. Se a isto lle engadimos os problemas de Ferrol, Lugo e Vigo a situación interna desta organización é unha auténtico polvorín.

Por outra parte, é certo que con isto AGE dá carpetazo ao disputado escano de David Fernández Calviño, mais como dixen antes, o dano está feito nunha coalición electoral e nunhas organizacións que se presentaban limpos e inmaculados e apelando reiteradamente á ética, quedando completamente e evidencia.

Mais, quen gaña en con todo isto? Está claro que Esquerda Unida, que tamén acusará o desgaste, pero con todo, agora ten seis deputados coa axuda dun Beiras que se axeonlla perante esta organización española. Xa me gustaría saber a min que é o que agocha todo isto! Tempo ao tempo!

Unha opinión sobre “Beiras axeónllase perante Esquerda Unida

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.