Sen sistema financeiro, Galiza ten un futuro moi negro

negroO capitalismo é un chollo, pero para aqueles que teñen cartos, moitos cartos, especialmente para o capital financeiro. Que llo digan a Banesco, o banco venezolano que acaba de adquirir NovaGalicia Banco por 1.000 millóns. Unha ganga e unha estafa, tendo en conta que o Estado inxectou 9.000 millóns de euros para saneala. Porque disto vai precisamente esta crise, os cidadáns pagamos a desfeita provocada polos bancos e os banqueiros fórranse a conta de todos nós.

Máis se isto é lamentábel, o peor é que Galiza queda desmantelada case por completo. Un dos piares básicos de calquera economía é o sistema financeiro. Galiza fica sen el a partires de hoxe. Os cartos de todos os galegos e galegas que tiñan depositados nesta entidade financeira xa non se investirán en Galiza. Así de simple e así de negro pinta o futuro deste país.

Mais, unha raiola de esperanza. Poderán amputarnos un pé, pero mentres non nos corten a Lingua, non só poderemos berrar e protestar, tamén manteremos vivo este pobo. De nós depende!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.