Rebelión na arca de Noé

Arca de NoéNon sei se sabiades, pero “O Beiriñas”, o boneco que utilizou AGE durante a campaña electoral e que garda unha asombroso parecido con Beiras, é en realidade Noé, o personaxe bíblico que construíu unha arca para salvar a humanidade do diluvio universal, e que se vende en Alcampo por 26,98 €.

Ao igual que Noé, Beiras, que pasou tantos anos advertindo dos males que sacudían o BNG e a política en xeral sen que ninguén lle fixera caso, sentiu a chamada dunha divinidade (poñede aquí a quen queirades) e por mandato desta construíu un partido político onde meteu a persoas da súa máxima confianza e a outros colectivos máis ou menos organizados, como a Esquerda Unida.

O éxito foi incontestábel. Beiras, o mesmo que Noé, superou o diluvio universal e, despois de que se secara a terra, puxo os alicerces do que sería a nova humanidade; nova si, pero non moral nin eticamente nova como di a Biblia.

Así é que Beiras enchido e borracho de éxito decidiu a capitanear esa nova humanidade, pero unha parte importante desa tripulación que lle acompañou na travesía política revelouse, parte por ambicións persoais e parte porque vían en Noé os mesmos vicios que el criticaba.

Se a lóxica di quen no é posíbel meter nun mesmo habitáculo un raposo en unha galiña, tamén o é construír unha formación política con persoas ácratas de esquerdas, con nacionalistas despistados e con españolistas recalcitrantes, adubado con fortes doses de personalismo, egoísmo e ambicións persoais, que tarde ou cedo ían rebelarse contra o capitán, aquel que un día escoitou a voz da divinidade.

4 opiniones sobre “Rebelión na arca de Noé

  1. Unha cousa e segura e que en Expaña enterrase moi ben, esta é a proba da cultura expañoleira do PP partido do goberno e a sua leal e teatral oposición AGE, o artista do cimiterio, a plañideira mais hipocrita, o grandisimo maese “terracula” o @vieiras e os señoritos do PePeAGE co valle inclan e co diaz pardo e moito. non teñen vergonza ningunha toda a tropa esta de infames perfectamente autorepresentados no libro o catolicismo explicado as ovellas, a seita PePeAGE pero que se lle vai pedir os expañoleiros, cultura, democracia, respeto pola libre autodeterminación dos pobos, algún tipo de moralidade ou reborso – o @Vieiras e un politico expañolento caeu en traición, caeu en AGE a ferrolita levouno o orto do frances, tanta Soborna, tanto catedralicio e tan pouca mioleira na cabeza o AGE soamente ofrece espectáculos funerarios lamentables (meto viedeo censurado por expaña o video que @Vieiras non quere ver)— VIDEO pola liberdade de catalunya —- http://youtu.be/v_JaYsKnQFI

    Gústame

  2. o AGE da os galegos cada día uns espectaculos mais e mais noxentos!!! Kafquiano ou non… xuntos pero non revoltos… aXUNTAdos… o @vieiras, empanada de @vieiras e frijoles, prato de indixestión, a usurpación e moita a da untada da malicia co tema de valle inclan os correria a palastrazos co caxato a unica explicación e polo tema do bilinguerismo armonico xa se sabe, escribia en castelan pero tamen poden traducir os seus libros o galego, pero non teñen estes sefarditas farisaicos medo a que os mortos saian do cadaleito en plan parusia dos ultimos días do xuizo final, o do traidor @vieiras e mais loxico xa saben estan do lado dos empresarios da dereita burguesa, sobre todo si teñen arruinadas as empresas como o capitan pescafondos, os “amiguitos” das caixas malditas e agora este outro “manoliño do seu antigo pe$oe” o @vieiras sempre estara do lado dos estafadores, mesmo ollando tamen para o empresario da RAG o feruxe o contratador, son todos uns burgueses arruinadores, o vello @vieiras, poño video de revolución dos mortos viventes, revolución de verdade señorito burgues @vieiras e non o que pretende vuecencia e a impostora expañoleta de ferrolita o PE-$-OE 2ª parte ——–https://www.youtube.com/watch?v=oDHTiPUfpFg

    Gústame

  3. anovar a nova xubilar o vello: Efectivamente Merendiño de Teo atopabase agochado, debaixo da tampa sepulcral finxindo ser o escarabello necrofago obscurus tenebris, esta intentado escapar como sexa dos axentes liquidadores palleiro & rico, despois da “agarimosa e cordial” visita que lle fixo o vello @vieiras, en Teo onde reventoulle a puñadas o despacho e o retrato do rei Juanete 1º, namentras o pasaba de número 2 a número 0, mais rapidamente que cando o meigo David Cooperfield fai desaparecer 8 leons engaiolados en 4 segundos, o Merendiño esta cursando a petición de refuxiado a embaixada francesa, pero tal e como van as cousas pode que sexa apresado antes polos liquidadores do vello, para evitalo e por medio da xente que apiadouse desta situación de necesidade foi enviado un sobre a embaixada francesa con revista de terror dos anos 30 xa saben Lon Chaney, o Boris Karloff, Bela Lugosi, falando da nova directiva da nova -VIDEO do suceso.—- https://www.youtube.com/watch?v=zIP

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.