Un apagón inútil

apagónA sociedade en xeral non ve máis alternativa que o capitalismo e canto máis aperta este, canta máis miseria e inxustiza crea, a resposta da sociedade é facelo bo, domesticalo. Así xorden iniciativas como facer un apagón para protestar polas constantes subidas no prezo da electricidade. Unha problemática que non é exclusiva do Estado español, tamén o estamos a ver na cidade de Buenos Aires, en Arxentina, onde mesmo hai constantes cortes de electricidade, co trastorno que iso supón.

Un Estado ten que controlar os sectores produtivos, especialmente os enerxéticos. No Estado español como en Arxentina a electricidade están exclusivamente en mans privadas, e son elas as que ditan os prezos co beneplácito dos distintos gobernos que privatizaron este servizo, a cambio dunhas cadeiras nos seus consellos de administración e de importantes aportacións económicas en A, B ou C a PP e PSOE.

No caso de Galiza a situación é se cabe máis dramática: somos produtores, somos exportadores en enerxía eléctrica, pero pagamos pola electricidade o mesmo que paga Madrid, que non produce nada e que se leva boa parte da nosa produción. Galiza produce, Madrid consume!

A alternativa: explotación pública dos recursos enerxéticos e se se quere deixar unha marxe para a iniciativa privada, pero o público ten que dominar os mercados, non os mercados ao público. Esta é a demanda que como galegos temos que facer, para poder beneficiarnos dun prezo da enerxía máis asequíbel e máis beneficioso para todos. Así é como se domestica aos mercados e non con apagóns, que non supón castigo algún para as empresas privadas que nos están a estafar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.