O custe da sanidade privada

factura hospitalA imaxe que ilustra esta entrada é unha carta que a empresa sanitaria Sutter Health enviou a un cliente que utilizou os seus servizos. Neste documento esta empresa informa que o custe do tratamento, -coido que unha operación non moi complicada-, ascendeu a 55.020 $, dos cales 43.909 $ son asumidos pola compañía de seguros do cliente; o resto, uns 11.119 $ ten que pagalos o enfermo do seu peto, un pago que pode facer efectivo utilizando Visa, Mastercard, etc.

Isto é o que recibe calquera norteamericano que utilice os servizos sanitarios, algo do que non estamos libres ninguén. Agora imaxina canta xente pode asumir, non xa os 55 mil dólares, senón os 11 mil. Imaxina que calquera día recibes unha carta do SERGAS informándoche que tes que pagar 55 mil euros ou 11 mil, dá igual! Cantos o poderíamos asumir? A resposta é sinxela: practicamente ninguén.

Vendo esta factura, podemos comprender perfectamente os poderosos intereses económicos que hai arredor da sanidade, que pelexan nos Estados Unidos para manter o seu statu quo, e en Galiza para ampliar o seu dominio.

A sanidade pública é un biscoito moi apetecíbel. Miles de millóns en xogo para seguir engordado a maquinaria capitalista. Por iso que é moi importante non ceder nin un milímetro na defensa da sanidade pública. Se o facemos, non tardaremos en recibir facturas con importes semellantes como a que ilustra esta entrada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.